Cultura

Substitúen cabalos por jipis e perroflautas na Rapa das Bestas


O alcalde pedáneo de Sabucedo fixo a proposta que acaba de aprobar en pleno o Concello da Estrada cos votos a favor do Partido Popular

Na comparecencia posterior ao pleno o alcalde anunciou que o facían por razóns humanitarias e de saúde pública. ‘Os jipis e os perroflautas eses teñen o pelo largo e poden transmitir enfermidades’. Deste xeito esperan que queden ‘marcados e hixienizados para devolvelos sen perigo á sociedade… Que dende el 15M proliferan demasiado!’.

‘Vamos a atraerlos a Sabucedo diciéndoles que hay un escrache o una saltimbancada de esas que les gustan a ellos’ declarou o pedáneo, ‘después los metemos en el curro y asunto arreglado’.

Segundo transcendeu, o convidado de honra desta edición vai ser o exdeputado do PP Sigfrid Soria que se fixo famoso nas redes sociais despois de amenazar a través da súa conta de Twitter de ‘cortarlle a cabeza’ aos ‘perroflautas’.

Tempos Galegos púxose en contacto coa corporación e declararon que ‘queríamos darle un capricho al compañero. No le cortaremos la cabeza a los jipis y perroflautas esos pero al menos les cortaremos la cabellera al estilo comanche’.

rapa das bestas b-n

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.