Cultura

Os tres alcaldes gravarán un disco de ópera


Os tres alcaldes do cambio compareceron nunha rolda de prensa para anunciar que gravarán un disco de ópera e anunciaron que, para propiciar a confluencia, darán concertos por todo o país cantando coñecidas cancións de ópera.

Xulio Ferreiro indicou na rolda de prensa que chegaron a esa decisión “por consenso” nese momento tomou a palabra Martiño Noriega para dicir que “algún prefería o rock and roll” e foi interrumpido por Ferreiro cun “Marti, non volvamos a abrir o debate que xa quedou claro que había consenso na ópera”.

O alcalde da Coruña continuou coa rolda indicando que os concertos operísticos eran para “motivar e implicar á cidadanía” e avanzou que “os concertos abriranse coas Valkirias de Wagner, a canción que utilizou Coppola para Apocalypse Now, a obra maestra cinematográfica sobre a guerra do Vietnam” momento no que a Martiño Noriega lle embargou a emoción e soltou un alegre e sonoro “Good Morning” que foi reprochado por Ferreiro “Marti, que perdemos a seriedade que nos daba o tema da ópera”. Noriega emitiu entón un suspiro de arrepentimento mentres esbozou un resignado “Si, xefe”.

Jorge Suárez pasouse toda a rolda de prensa asistindo ao que dicían os seus compañeiros e preguntado polos xornalistas acabou admitindo que estaba alí porque facían falta tres.

3 alcaldes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.