José Manuel Baltar fará de cantante noutro sitio ademais de na Deputación de Ourense. A sorpresa no mundo do rock saltou en Ourense ao anunciar conxuntamente o grupo e a Deputación de Ourense a noticia de que José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, será o próximo cantante dos Suaves. O mundo do rock…
Categoría: Cultura
Tim Burton ambientará no Alto do Fiouco a súa vindeira película
O director estadounidense quedou seducido pola brétema deste lugar tras pasar uns días de vacacións na Mariña este pasado verán. Din que non hai mal que por ben non veña e así se podería entender esta situación creada despois de que Tim Burton tivera que circular pola A-8 e vivirá nas súas propias carnes o…
A Xunta festexará o día das Letras o 15 de maio para non contradecir ao presidente
O executivo decide trocar o Día das Letras Galegas despois de que Feijóo dixera que este era o 15 de maio. O ano 2017 pasará a historia da literatura galega como o ano no que se trocou a súa festividade que pasa do 17 de maio ao día 15. A razón deste cambio reside no…
Descóbrese que a muralla de Lugo era para que os lucenses non escaparan
“Levan máis de dous mil anos soltos!”, indican os investigadores que fixeron o descubrimento. En tempos dos romanos unha garda especializada vixiaba a muralla para que os moradores do interior non saíran fóra e foi nesa época cando se acuñou a expresión “Arde Lucus”. Unha centuria especial, denominada Garda da Noite, gardaba a muralla para evitar…
Caballero presenta o seu libro de xardinería “Cortando capullos”
O alcalde vigués ensina no seu novo libro os principios básicos da poda política. Abel Caballero, o alcalde vigués, famoso no mundo enteiro por crear un Dinoseto ou colocar barcos en rotondas, acaba de lanzar ao público o seu quinto libro, o primeiro deles fora do ámbito novelesco. Neste libro Caballero, baixo o título “Cortando…
Atopan en Luintra unha necrópole do século XII de porteiros da Deputación
Arqueólogos acaban de facer o extraordinario achádego dunha necróple en Nogueira de Ramuín que estaba habitada na súa totalidade por porteiros da Deputación. As primeiras probas con carbono 14 datan a necrópole nos primeiros anos do século XII e xunto cos restos humanos e funerarios atopouse unha especie de carné que os acredita como membros…
Celébrase a primeira matanza vegana
Un grupo de veganos emula a tradición galega e celebra a primeira matanza vegana en Galiza. É tradición no noso país celebrar a matanza do porco a partir do 11 de novembro, data do San Martiño, patrono de Ourense e protagonista do dito popular ‘A todo porco chégalle o seu San Martiño’. Desexosos de celebrar…
Yosi roza o Nobel de Literatura
O cantante dos Suaves queda ás portas do premio que finalmente foi para Bob Dylan. O cantante e compositor ourensán que tamén estaba nominado ao nobel en química. Concretamente e segundo a Academia Sueca reparou na posibilidade de galardoar ao cantante por “crear novas expresións poéticas dentro da gran tradición das cogorzas, galegas e internacionais”. De ter…
Jason Statham protagonizará V de Villares
A secuela de V de Vendetta terá o epicentro da súa trama en Galiza. Jason Statham, o actor coñecido por filmes como Transporter ou Snatch, porcos e diamantes, foi o escollido despois de meses de casting para protagonizar a secuela da exitosa película V de Vendetta. Esta secuela, V de Villares, que será rodada no…
Axl Rose substituirá a Yosi á fronte de Los Suaves
O cantante estadounidense convértese no interino por excelencia das bandas de rock Se fai uns meses xurdira o ruxe-ruxe era que Yosi substituiría a Brian Johnson como cantante de AC/DC foi ao final foi Axl Rose quen lle quitou o posto na banda australiana. Agora vimos de coñecer que, tralo percance que tivo Yosi a…
Os tres alcaldes gravarán un disco de ópera
Os tres alcaldes do cambio compareceron nunha rolda de prensa para anunciar que gravarán un disco de ópera e anunciaron que, para propiciar a confluencia, darán concertos por todo o país cantando coñecidas cancións de ópera. Xulio Ferreiro indicou na rolda de prensa que chegaron a esa decisión “por consenso” nese momento tomou a palabra Martiño Noriega…
Substitúen cabalos por jipis e perroflautas na Rapa das Bestas
O alcalde pedáneo de Sabucedo fixo a proposta que acaba de aprobar en pleno o Concello da Estrada cos votos a favor do Partido Popular Na comparecencia posterior ao pleno o alcalde anunciou que o facían por razóns humanitarias e de saúde pública. ‘Os jipis e os perroflautas eses teñen o pelo largo e poden…
