O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais
Ciencia

O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais

A Consellaría de Sanidade acaba de anunciar que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xa está a realizar ensaios exitosos con augas fecais. Trátase dun tratamento experimental que trata de avanzar na reanimación de enfermos. Os ensaios estanse a producir xa na Unidade de Reanimación (REA) do hospital de Vigo. A consellaría agarda ter en … Seguir lendo

A Xunta contratará borrascas puntuais para reforzar o dispositivo contra incendios forestais
Ciencia

A Xunta contratará borrascas puntuais para reforzar o dispositivo contra incendios forestais

A Xunta gábase do magnífico funcionamento do plan antiincendios que está desenvolvéndose na súa fase Beta (experimental). A reducción das brigadas antiincendios vese compensada abondo ca contratación dos servicios de borrascas puntuais. Neste caso, para combater os incendios de Padrón, Figueiras, Pereiro e Oímbra, a estratexia foi unha acción de contención a cargo das brigadas … Seguir lendo

Plutón agradece a confianza dos Cuchufellos na foto da NASA
Ciencia

Plutón agradece a confianza dos Cuchufellos na foto da NASA

O planeta anano amósase adorábel nunha das imaxes dadas a coñecer pola axencia espacial norteamericana. Plutón, o planeta anano, que no 2006 foi deixado de ser considerado como tal pola ciencia, amosa agora a súa faciana máis agradábel nas fotos distribuídas pola NASA o pasado martes e realizadas pola sonda espacial New Horizons. Nelas o plutoide … Seguir lendo

SuperPiñeiro coñecedor do segredo da inmortalidade de Jordi Hurtado
Ciencia

SuperPiñeiro coñecedor do segredo da inmortalidade de Jordi Hurtado

O showman galego tería mantido contacto directo con Jordi Hurtado nos últimos anos. Xosé Manuel Piñeiro, o ídolo de masas e sexsymbol galego recoñecía a pasada semana saber algún que outro segredo que lle permitiu non envellecer durante os últimos anos. Piñeiro, que se fixo famoso durante anos presentando o programa da TVG, SuperMartes, tería coñecido … Seguir lendo

Demóstrase que a dieta saudábel aumenta a inflación
Ciencia

Demóstrase que a dieta saudábel aumenta a inflación

Catedráticos de Económicas de todo o país publican un estudo no que demostran como as dietas saudábeis provocan un incremento descontrolado de prezos en diferentes produtos. O estudo demostra de xeito fiábel e mediante simples gráficas como os prezos varían exponencialmente dependendo dos niveis de grasa e/ou alcol que teñan os produtos da mostra. Baixo … Seguir lendo

Lanzan ao mercado marihuana homeopática
Ciencia

Lanzan ao mercado marihuana homeopática

Unha startup galega lanzará ao mercado marihuana homeopática que pretende comercializar a grande escala en parafarmacias, herbolarios e bares-supermercado de todo o país A homeopatía baséase en que a disolución dunha substancia en auga provoca que esta adquira as propiedades do axente disolto que pode seguir sendo transmitido nas sucesivas disolucións. Colleron 1 mg de marihuana e comezaron coa … Seguir lendo