Ciencia

Científicos do CSIC demostran que ate un 2% dos antidisturbios teñen un cerebro normal


Contrariamente ó que se pensaba, non todos os policías antidisturbios teñen un cerebro menos desenvolvido que a media dos seres humanos. Este incrible descubrimento foi realizado polo Instituto de Neurociencias (NI) pertencente ó CSIC. Os resultados deste traballo foron recentemente  publicados, tras unha intensa verificación dos datos, pola prestixiosa revista Science. Ademais, os cientifícos do NI descubriron que un 25% dos antidisturbios con cerebro normal leron algún libro na súa vida, e case un 5% máis dun.

policia porra

Verificación dos datos mediante traballo de campo

As reaccións políticas ante estes datos non se fixeron agardar: O PSOE, en boca do exministro José Blanco apuntou que cando eles gobernaban esas cousas non pasaban. Por outra banda, o ministro do Interior anunciou unha investigación interna para limpar a imaxe deste “corpo”, considerando de especial interes a persecución daqueles que teñen o vicio de ler. “A ver si van a empezar a pensar por si mismos!!! Sería el apocalipsis, la llegada del anticristo!!!. A sua vez pediu a todolos españois de ben que recen cantas oracións a virxe para solucionar este grave problema. O ministro estaba acompañado por Fátima Báñez dada a súa coñecida amizade coa virxe do Rocío.

Por outra banda AGE manifestaron que os datos publicados polo Instituto de Neurociencias poden deberse a unha contaminación das mostras. Segundo Yolanda Díaz “de existir este tipo de suxeitos, nunca os vimos”. Para o BNG “Isto é un invento do PP tipo Resistencia Galega” segundo manifestou Francisco Jorquera.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.