Catedráticos de Económicas de todo o país publican un estudo no que demostran como as dietas saudábeis provocan un incremento descontrolado de prezos en diferentes produtos.
O estudo demostra de xeito fiábel e mediante simples gráficas como os prezos varían exponencialmente dependendo dos niveis de grasa e/ou alcol que teñan os produtos da mostra.

Estrella Galicia 0,0 un dos produtos mostra do estudo.
Baixo a premisa dos elevados prezos de productos como a cervexa “SIN” ou 0,0%, das hamburguesas ou bocadillos vexetais, ou das peitugas sen sal, deféndese nesta investigación que ditos prezos non son entendibles en productos nos que a priori falta algo e que, polo tanto, deberan ter un custo reducido. Caso exemplificante podería ser o da CocaCola nas súas variantes light e zero, “baixa” en calorías e azúcares respectivamente pero que pola contra é máis cara que a CocaCola “normal”.
Desde o grupo redactor exponse como caso máis “sangrante” o da Manteiga Light, a cal por definición, como grasa nun alto porcentaxe, non pode ter o calificativo de light e, que por se fora pouco, é máis cara que a manteiga normal en calquera das marcas que as comercializan.
“Están a tomarnos o pelo e por riba cóbrannos por facelo” expón telefónicamente un dos asinantes do estudo, que non dubida en calificar de “estafa” ditas políticas de marketing e exhortou á cidadanía a denunciar ante as diferenes asociación de consumidores este tipo de fraudes.
Pola súa parte ACOUGA (Asoc. de Consumidores e Usuarias Galegas) advirten que estas prácticas están a ser fiscalizadas polos membros da asociación e que en breves procederán a facer públicas diversas denuncias acerca dos chourizos sen lardo que a marca Louriño ten pensado poñer a venta no noso país.