A vila galega acollerá o congreso con máis fantasmas por metro cadrado desde a Asemblea Nacional de Anova do pasado fin de semana.
Do 7 ao 9 de novembro celebrarase, en San Andrés de Teixido, o Congreso Nacional de Parapsicoloxía, que contará con algunhas das máis importantes figuras a nivel nacional nesta materia, como o presentador Iker Jimenez, ou o locutor da Radio Galega, Antón Rebollido, famoso polo seu programa de media noite “Milenio”. A cita foi presentada pola presentador de Cuarto Milenio e os coordinadores do congreso, a Asociación Galega de Amigos do Descoñecido(AGADE). Todos eles coincidiron en que se trata dunha cita que atraerá ao municipio a decenas de persoas interesadas sobre os temas que compoñen o congreso como serán os OVNIS, as psicofonías, as culturas ancestrais, os vampiros, pero fundamentalmente os espíritos e pantasmas.
Entre as paletras e conferencias que se impartirán, destaca, entre outras, a de Alberto Ruíz Gallardón, quen participará dun especial do programa Milenio, da Radio Galega, sobre os cadáveres políticos.
A elección de San Andrés de Teixido para este Congreso, segundo explicaba Iker Jimenez, non é outra que a alta concentración de seres paranormais, espíritos e pantasmas que se agolpan na vila Coruñesa para visitala unha vez falecidos, e ante a imposibilidade de telo feito en vida.
“Esperamos contar con moitas aparicións de entes para normais, cun pouco de sorte aparecerá ate Fraga desde o averno” comentaba Jimenez.
Entre a programación do Congreso, ademais das palestras, contarase cun desfile zombie en hora de misa e por tanto máxima audiencia, o domigo na Capela da vila así como un partido de fútbol entre vampiros e licántropos, que contará co saque de honra de Iker Casillas.

San Andrés de Teixido sufre as consecuencias da masificación turística paranormal.