Plutón agradece a confianza dos Cuchufellos na foto da NASA

O planeta anano amósase adorábel nunha das imaxes dadas a coñecer pola axencia espacial norteamericana. Plutón, o planeta anano, que no 2006 foi deixado de ser considerado como tal pola ciencia, amosa agora a súa faciana máis agradábel nas fotos distribuídas pola NASA o pasado martes e realizadas pola sonda espacial New Horizons. Nelas o plutoide…

SuperPiñeiro coñecedor do segredo da inmortalidade de Jordi Hurtado

O showman galego tería mantido contacto directo con Jordi Hurtado nos últimos anos. Xosé Manuel Piñeiro, o ídolo de masas e sexsymbol galego recoñecía a pasada semana saber algún que outro segredo que lle permitiu non envellecer durante os últimos anos. Piñeiro, que se fixo famoso durante anos presentando o programa da TVG, SuperMartes, tería coñecido…

Demóstrase que a dieta saudábel aumenta a inflación

Catedráticos de Económicas de todo o país publican un estudo no que demostran como as dietas saudábeis provocan un incremento descontrolado de prezos en diferentes produtos. O estudo demostra de xeito fiábel e mediante simples gráficas como os prezos varían exponencialmente dependendo dos niveis de grasa e/ou alcol que teñan os produtos da mostra. Baixo…

Lanzan ao mercado marihuana homeopática

Unha startup galega lanzará ao mercado marihuana homeopática que pretende comercializar a grande escala en parafarmacias, herbolarios e bares-supermercado de todo o país A homeopatía baséase en que a disolución dunha substancia en auga provoca que esta adquira as propiedades do axente disolto que pode seguir sendo transmitido nas sucesivas disolucións. Colleron 1 mg de marihuana e comezaron coa…

Veganos sementan chourizos para “comer algo decente”

Os avances na investigación da carne cultivada tratan de ser aplicados nunha leira do país A carne cultivada xa é unha realidade dende que a NASA intentou atopar fórmulas para alimentar mellor os seus astronautras cando estaban no espazo. Xa no ano 2000 conseguiuse facer un filete de carpa no laboratorio pero a popularidade e esperanza…

Científicos da USC descubren que o Fertimón incrementa o crecemento capilar

Científicos da USC expoñían onte os seus resultados no marco das conferencias por un cabelo máis san organizadas na capital galega. Segundo apuntan os novos descubrimentos, a aplicación de Fertimón na base capilar produce un efecto rebrote que abre a vía ao uso do fertilizante nas cabezas dos seres humáns. Comezaría agora un período de…

Danone lanzará un actimel de Licor Café

Anunciarase baixo o lema “Con LK-Imunitass para destrozar as túas defensas” Danone está decidida a lanzar o novo produto nos próximos meses. Trátase de unha nova variante da súa coñecida gama Actimel, pioneiro dos alimentos medicinais. Agora a multinacional francesa quere ser pioneira nos alimentos espirituosos e lanzarán o Actimel-LK coa esperanza de abrir un novo…

A Xunta ordea a Meteogalicia que chova para tapar a sentenza de Baltar

As augas baixan turbias por San Caetano cos asuntos políticos relacionados coa corrupción de membros do PP. Esta mesma mañá algúns funcionarios puideron escoitar o rapapolvos que Feijoo lle deu ao ministro Gallardón e como lle ordeaba que puxera en vereda ao estamento xudicial que tantas dores de cabeza lle está a dar coa operación…

Científicos do CSIC demostran que ate un 2% dos antidisturbios teñen un cerebro normal

Contrariamente ó que se pensaba, non todos os policías antidisturbios teñen un cerebro menos desenvolvido que a media dos seres humanos. Este incrible descubrimento foi realizado polo Instituto de Neurociencias (NI) pertencente ó CSIC. Os resultados deste traballo foron recentemente  publicados, tras unha intensa verificación dos datos, pola prestixiosa revista Science. Ademais, os cientifícos do…