O fósil máis antigo de vida na Terra contén un pelo de Gayoso

O fósil de 3.770 millóns de anos de antigüidade foi descuberto por unha equipa científica en Canadá contén un pelo de cando comezou a caída de cabelo de Gayoso. Unha equipa de científicos descubriu a evidencia máis antiga de vida na terra. Os fósiles foron atopados nunhas rocas no noreste de Canadá que datan duns…

Enxeñeiros da Uvigo consiguen illar o material co que están feitos os Vitrasa

Despois de varias décadas de estudos, consiguen illar o material que a partir de agora poderá ser usado na industria militar para a fabricación de chalecos antibalas. Enxeñeiros da Universidade de Vigo, acaban de illar por primeira vez o material dos autobuses urbanos de Vigo, os Vitrasa, mundialmente coñecidos pola súa resistencia ao impacto e a dureza…

A Semana Verde presenta unha tenreira que sabe a porco

A Semana Verde que se acaba de clausurar en Silleda acaba de presentar ao mundo a primeira vaca que dará carne de porco. Trátase dun experimento de transxénese que fará posible que a carne das vacas saiba como a de porco. A equipa investigadora que realizou o experimento compareceu na tarde de onte para explicalo durante…

O PP proporá retrasar o fuso horario 1000 anos

En principio o Partido Popular indicara que a súa proposta era retrasar o horario unha hora para ‘adecuarlo a las necesidades del país’ pero cálculos posteriores das FAES indicaron que era moito máis acaído retrasar o reloxio un milenio xa que o feudalismo da Idade Media ‘se adecuaba mucho más a la realidad española’. As…

Galicia exportará óvulos de raza rubia galega a Asia

Unha delegación asiática visitou Lugo para mercar entre 10.000 e 15.000 doses. A idea pasa por cruzar a raza galega coa autóctona de alá, para conseguir mulleres e homes de máis calidade, e de paso facer a súa produción de seme e óvulos máis rendible. A raza rubia galega chegará a Asia para mellorar a raza humana…

A OMS alerta de que o vídeo de EnMarea pode provocar cancro

“Vai subir a mareaaaa” e segundo a OMS vaiche traer cancro. Expertos da Organización Mundial da Saúde (OMS) afirmaron hoxe que escoitar a canción de campaña de EnMarea podería causar cancro de colon, ollos e oído, mentres que explican que tamén existen investigacións que determinan que tarareala pola rúa podería supor un grave risco de…

O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais

A Consellaría de Sanidade acaba de anunciar que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xa está a realizar ensaios exitosos con augas fecais. Trátase dun tratamento experimental que trata de avanzar na reanimación de enfermos. Os ensaios estanse a producir xa na Unidade de Reanimación (REA) do hospital de Vigo. A consellaría agarda ter en…

Proctólogo atopa un argumento de Rajoy no seu cú

O médico do hospital Juan Canalejo de A Coruña está sorprendido polo achado. O descubrimento foi atopado nunha revisión do presidente do goberno o pasado verán durante a súa estancia estival en terras galegas. Polo de agora non foi revelada a cita, pero segundo afirman desde o centro médico, podería dar un volco ás expectativas electorais do…

Putin investiga co uso de gatos atómicos

O primeiro ministro ruso presenta un prototipo de gato atómico na feira das ciencias de Stalingrado. Unha nova ameaza velada foi a presentada por Vladimir Putin durante este fin de semana. Baixo os temores de investigacións nucleares para a creación de armas por parte de Irán, agora é Rusia quen presenta un novo e sofisticado…