Científicos dun centro de investigación de primates afirman que conseguiron que un policía aprendera cinco decenas de palabras en galego.

Koko, o gorila máis intelixente do mundo, felicitando ao policía pola súa graduación
A equipa responsábel do proxecto afirma que despois de máis de un lustro de traballo intensivo están en disposición de amosar ao mundo un exemplar de policía que poida comunicar e entender 50 palabras na lingua de Castelao. Segundo o comunicado que enviaron aos medios as primeiras palabras que aprendeu o exemplar foron ‘España’, ‘porra’ e ‘comunista’ o que non lles levou máis de tres semanas xa que eran conceptos que xa manexaban na súa lingua vernácula e dada a coincidencia tanto semántica como morfolóxica serviron para motivar ao exemplar obxecto do experimento a aprender novas verba e conseguir, así, que ampliara o seu vocabulario.
Os autores do estudo explicaron que o método que utilizaron para a aprendizaxe foi o coñecido método Pavlov de condicionamento operante consistente en recompensa e castigo. Deste xeito, cando o exemplar aprendía unha nova palabra era recompensado deixando que pateara un perroflauta sen a presenza de cámaras de seguridade mentres que, se se equivocaba, o castigo consistía en retirarlle un touro a un obxecto de cor vermello e amarelo polo que o suxeito parecía amosar grande aprecio.
Segundo avanzou o equipo de investigación o exemplar será doado ao Centro de Atención ao Cidadán da Policía Nacional onde agardan que teña un hábitat adecuado para o seu desenvolvemento.
Pingback: Centro de investigación de primates consegue que un policía aprenda 50 palabras en galego [GAL][humor]
Un policia “español” deveriam precisar mais quando falam, porque na Galiza temos muitos tipos de policia e alguns entendem e falam o galego perfeitamente
máis ben eu diría un animaliño vestido de policía, con perdón dos animaliños.