Apartan a unha muller que ía a saír nunha foto cos tres alcaldes

A muller que camiñaba polas rúas de Compostela non daba crédito ao sucedido. Compostela, 19h, o triunvirato de alcaldes mareantes de Compostela, A Coruña e Ferrol, pasean pola capital acompañados de medios de comunicación mentres comentan a actualidade política en torno a EnMarea. Nese instante, nun descoido dos xefes de gabinete dos alcaldes, Xoana Ruibal, que…

A Xunta de Galiza lanza 72 prazas de emprego púbico

As prazas irán destinadas a cubrir postos na Consellería de Benestar Social e en Presidencia. A Xunta de Galiza vén de ofertar para este ano 2017 un total de 72 prazas de emprego púbico destinadas fundamentalmentalmente a desempregradas e desempregados. As ofertas que cubrirán vacantes nas Consellerías de Benestar Social e Presidencia serán de duración…

Deteñen a un home que planeaba farcerse pasar por muller no Xoves de Comadres

A policía acusao de suplantación de personalidade e luxuria. A vila de Verín, na comarca de Monterrei, amencía hoxe coas sereas dos corpos de seguridade do estado, que a primeira hora da mañá desenvolvían a operación ‘Deborah’, na que un home de 41 anos foi apreixado ao ser cazado planeando facerse pasar por muller na tarde deste xoves,…

O TOP 10 dos máis regalados neste #SanValentín2017

Desde TemposGalegos recollemos en primicia mundial os 10 regalos máis agasallados en Galiza neste 2017 durante o día dos namorados. 1. Alpacadora O agasallo máis regalado neste pasado San Valentín, as alpacadoras, concretamente as da marca John Deere, foron o regalo estrela desta temporada. E é que non hai parella que se queira que non pensase…

Galipizza lanza a pizza de percebes

A Percepizza será a novidade da cadea galega para este 2017. “Extra! Extra! Galipizza saca unha pizza afrodisìaca, a percepizza”. Así se anuncia a última novidade da cadea de restauración galega, unha das que máis proxección ten nos últimos anos. Pero a cousa non queda aí se a pizza de percebes da resultado, a pizza de…

O Tribunal Supremo prohibe as imaxes de astronautas

O máximo órgano xudicial do estado español tamén prohibe palabras como voar ou branco así como a expresión saltar polos aires. Ante o medo a que os usuarios da rede social Twitter usen os comparativos con astronautas, así como as palabras voar, branco ou saltar polos aires nun mesmo parágrafo, o Supremo anula de xeito indefinido o…

O Sergas pide a Loterías que sortee paracetamois porque o importante é ter saúde

A Consellaría de Sanidade solicitará ao organismo Lotería y Apuestas del Estado que proceda a deixar de sortear cartos e pasen a sortear medicamentos xa que “lo importante es tener salud”. A idea levaba xestándose semanas atrás na sede do Partido Popular. Segundo informaron fontes próximas ao executivo galego, “Sortear dinero es una obscenidad. Les toca…

Os nenos de San Ildefonso cantan o que lles sae das bólas

Os orfos do colexio de San Ildefonso dan a nota de cor ao de por si monótono sorteo da Lotaría de Nadal. Os nenos de San Ildefonso está a dar a sorpresa do día durante o sorteo de nadal da lotaría, cando contra todo pronóstico están a cantar o que lles sae das bólas. No…

O “Sentador de nais” non queda exento de polémica

Colectivos de homes, moi homes, opóñense ao “invento contranatura”. O invento lanzado pola páxina feminista ‘Locas del coño’ o pasado sábado na súa canle de Youtube e  que conta xa con máis de 300.000 visitas arrastra tantas partidarias como detractores. O sentador de nais trátase dun regalo dirixido ás matriarcas das familias nunha data moi…