Actualidade

Beatriz Mato: “El agua del grifo sale de las lágrimas de los unicornios”


A conselleira de Medio Ambiente, despois de indicar que “La gente cree que el agua que le llega al grifo cae del cielo, y no es así”, desvela o método que utiliza a Xunta para obter auga potable.

As lágrimas dun unicornio son suficientes para unha carga da cisterna do water

As lágrimas dun único unicornio son suficientes para unha carga da cisterna do water

O departamento da Xunta de Galicia que dirixe Beatriz Mato acaba de facer público o método que utiliza a Xunta de Galicia para obter a auga que sae do grifo. Faino para dar explicacións despois da entrevista de onte nun medio coruñes no que indicaba que a auga que sae do grifo non cae do ceo.

Segundo desvelaron os responsables de Augas de Galicia o proceso comeza nunha exclusiva granxa de unicornios única no mundo. “Allí comienza el proceso. Usamos lágrimas de unicornio que, como todo el mundo sabe, es el agua más pura del mundo. Es el agua que se utiliza en los más exclusivos tratamientos homeopáticos”, indican os membros do gabinete da conselleira.

Preguntados polos medios polo método para obter as bágoas de unicornio, os comparecentes indicaron que “Los hacemos llorar dandoles vino gallego en vez de Vega Sicilia. Es un tratamiento un poco cruel pero necesario si queremos tener la mejor agua”, explicaron.

A rebelación da conselleira tamén resolveu o misterio da lonxevidade política de Manuel Fraga. A granxa fora usada, no seu momento, para obter sangue de unicornio que era utilizada para mellorar a lonxevidade e a vitalidade do expresidente galego.

unicornio-chorando

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.