A muller que camiñaba polas rúas de Compostela non daba crédito ao sucedido.

O triunvirato xusto antes do incidente coa muller que case foi fotografada con eles.
Compostela, 19h, o triunvirato de alcaldes mareantes de Compostela, A Coruña e Ferrol, pasean pola capital acompañados de medios de comunicación mentres comentan a actualidade política en torno a EnMarea. Nese instante, nun descoido dos xefes de gabinete dos alcaldes, Xoana Ruibal, que viña de facer a compra nun hipermercado da zona aproxímase directamente na dirección na que se atopan os rexidores.
Menos mal que o xefe de gabinete, contratado especificamente para previr este tipo de situacións, berrou “Apoiamos a Villares”. Esta frase deixou á prensa fora de lugar. Así pois a táctica do xefe de gabinete cumpriu o seu cometido: evitar que unha muller fose capturada na fotografía cos rexidores. Algo que suporía un fito histórico na traxectoria dos tres alcaldes. A muller continuou o seu camiño e as cámaras captaron o suspiro aliviado de Noriega que definiu a situación como unha falsa alarma confluentefeminista.
Polo acaecido, no momento de peche da redacción de TemposGalegos, duas persoas de control mediático do triunvirato foron despedidas de xeito fulgurante.
Desde a noite electoral de maio de 2015, onde as mareas de Compostela, A Coruña e Ferrol, conseguiron facerse coas alcaldías nunha unha muller puido ser fotografada con eles, convertíndose a anécdota xa en un reto persoal para os alcaldes.