Actualidade

Deteñen a un home que planeaba farcerse pasar por muller no Xoves de Comadres


A policía acusao de suplantación de personalidade e luxuria.

F.U.C. nunha fotografía sacada das súas redes sociais antes da detención

F.U.C. nunha fotografía sacada das súas redes sociais antes da detención

A vila de Verín, na comarca de Monterrei, amencía hoxe coas sereas dos corpos de seguridade do estado, que a primeira hora da mañá desenvolvían a operación ‘Deborah’, na que un home de 41 anos foi apreixado ao ser cazado planeando facerse pasar por muller na tarde deste xoves, durante a festividade das Comadres.

O home, de nacionalidade galega, tería na súa posesión diferentes complementos e roupa de muller, asi como unha peluca loira. A policía atopou tamén no disco duro do seu ordenador grandes cantidades de información de como maquillarse ou como estar coqueta.

As redes sociais do home foron cruciais para dar co finalmente detido, posto que as últimas semanas intensificara as súas publicacións acerca de como vestirse de muller.

No momento de ser detido, o presunto travesti, tiña na súa posesión un pintabeizos así como un rimmel e unha prancha para o pelo. Non se sabe aínda neste momento se o acusado tiña intención de usalo en si mesmo, ou se esperaba a alguén para maquillalo. As investigacións seguen o seu curso polo de agora e non se destacan mais detencións durante o día de hoxe

F.U.C, inicias do detido, pasará a noite en dependencias policiais á espera de ser xulgado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.