A Percepizza será a novidade da cadea galega para este 2017.
“Extra! Extra! Galipizza saca unha pizza afrodisìaca, a percepizza”.
Así se anuncia a última novidade da cadea de restauración galega, unha das que máis proxección ten nos últimos anos. Pero a cousa non queda aí se a pizza de percebes da resultado, a pizza de ameixas podería botar a andar no vindeiro mes de Maio.

“Extra! Extra! Galipizza saca unha pizza afrodisìaca, a percepizza”.
O grupo Galipizza, creado en 1993, caracterìzase polas suas ideas innovadoras, apostando sempre por productos de calidade e da terra. A pizza de lacón con grelos ou a de polbo con queixo de Arzúa son bos exemplos disto.
Pero agora estas pizzeiras, asentadas xa en Viveiro, Culleredo, Santiago, Ribadeo e ate en Oviedo, bótanse ao mar con esta novidade que pretende meternos o animal fálico por excelencia dentro das nosas bocas.
Deste xeito a súa última idea empresarial non colle por sorpresa pola súa orixinalidade culinaria, pero sí pola sua incrible posta en escea con percebes verticais desafiando a gravidade que se entremisturan co mellor queixo do país e con máis saboros tomate autóctonos, para chegar ao noso organismo e, como auguran, darnos unha potencia carnal digna do molusco galego.
Máis este 2017 non nos deixará so está suculenta pizza, senón que será a primeira das diferentes novidades a lanzar, entre as que destacan a pizza de cachucha, a de androlla e a de botelo, especialidades que nos fan pensar que non tardarán moito en abrir un dos seus novos restaurantes na zona da montaña ourensá, moi probablemente na contorna do macizo central. Quen será a afortunada?