Centos de persoas abarrotan as tendas especializadas en busca de traxes antilume. A cidade de Ourense comeza a prepararse para a fin de semana de calor que se lles achega. Temperaturas que sobrepasarán os 45°C poñen en alerta as súas veciñas que xa enchen as tendas en busca de traxes ignífugos que resistan as altas…
Categoría: Actualidade
A Xunta obrigará aos buses dos enterros a que recollan viaxeiros entre localidades
Feijóo asegura que é unha solución novidosa e que axudará a vertebrar Galiza de norte a sur. A Xunta autorizou no día de onte a integración do servizo de autobuses fúnebres e o transporte regular de viaxeiros. A partir de setembro aproveitaranse as prazas libres nos autocares que trasladan á xente aos enterros para que poidan…
Galicia Bilingüe escandalízase porque Eurovisión permita cantar en reintegrata
Veciños de Vigo alarmáronse cando, ás 21:53 horas, segundos despois do comezo da actuación de Portugal no festival de Eurovisión, unha voz rota gritou desesperada “Nooooooooooooo!” A alarma inicial veuse reducida cando o primeiro berro foi seguido de “En reintegrata, noooooooooooooo!” momento no que a veciñanza xa se deu conta de que os berros poderían proceder da vivenda de…
Portugal pecha as súas fronteiras farta de tantos españois
O goberno de Portugal establece un peche temporal fronteirizo durante esta semana. Portugal está farta dos españois, así de frío se mostrou o primeiro ministro luso na rolda de prensa na que explicou de xeito pormenorizado como o país irmán pechará os seus pasos fronteirizos a todas as persoas españolas durante esta semana. O goberno…
Atopan unha familia de koalas vivindo nun monte veciñal do Barbanza
Un comuneiro do monte veciñal de Moldes avisou, na tarde de onte, do extraordinario descubrimento. Trátase dunha familia de tres koalas que estaba a vivir na plantación de eucaliptos que a comunidade de montes ten na parroquia de Oleiros no Concello de Ribeira. O achádego pillou por sorpresa ao veciño que pensaba que se trataba…
O Vaticano considerará palla sacudila máis de 3 veces ao mexar
A sacudida da última gota convertese así pecado sempre e cando as sacudidas sobrepasen as tres representacións. O Vaticano vén de anunciar en nota de prensa un dos novos pecados que estará integrado dentro do pecado capital da Luxuria. O pecado, que so afectará a homes, ou no seu defecto a mulleres que axuden a…
O PSOE ante a moción de censura de Podemos: ‘No es no’
A moción de censura contra Mariano Rajoy que propón Podemos non recolle as simpatías da xestora do Psoe que a despacha con un ‘No es no’. Pablo Iglesias acaba de propoñer unha moción de censura para desaloxar a Mariano Rajoy e ao Partido Popular do goberno do estado dada a grave crise de corrupción que…
Villar Mir pretende vender as centrais hidroeléctricas galegas para financiar aos “presos políticos”
O presidente de OHL non nega a súa intención de financiar a loita popular. Que Juan Miguel Villar Mir, presidente entre outros da constructora OHL, financia presuntamente ao Partido Popular, é un segredo a voces no Estado español, máis aínda desde que o magnate está sendo investigado dentro da causa da Operación Lezo. A novidade…
Abandona o PP o único militante que non estaba nunha trama
O militante, que non estaba sendo investigado en ningunha trama, abandona o partido falto de non ter temas de conversación co resto dos militantes. JCC, militante popular de base, ven de anunciar que solicitou a baixa no Partido Popular xa que era o único que non estaba involucrado nuntra trama. Segundo explicaron fontes próximas sentíase…
Preparan un PorcorilClube para 2019
A CRTVG anunciou, co galo do 23 aniversario do Xabarín Clube, o que será o novo espazo de entretemento infantil da canle pública. “O Xabarín está vello, e é hora de que se xubile” así o afirmaba o director xeral da TVG, Alfonso Sánchez-Izquierdo, no acto de celebración do 23 aniversario do actual Xabarín Clube….
O Domingo de Ramos de Ferrol remata en trifulca
A festividade rematou entre golpes de ramos de loureiro e palmas en dous bandos prefectamente divididos. Este Domingo de Ramos non todo foi gozo eclesiástico e procesións en Galiza, en Ferrol, na mañá dominical dous grandes grupos relixiosos decidiron batirse nunha multitudinaria pelexa entre os partidarios dos ramos de loureiro e os portadores de palmas….
Deputados de Podemos mercarán toda a Coca Cola do estado para que trunfe o boicot que propoñen
A formación morada iniciará unha campaña de crowdfunding para mercar toda a Coca-Cola do Estado para provocar un desabastecemento. O partido de Pablo Iglesias comunicou onte aos medios o inicio dunha campaña para levar a cabo o boicot que anunciaron no Parlamento español. Trátase dunha performance-reivindicativa-colaborativa-movimentaria que tratará de recadar uns 300 millóns de euros…
