A formación morada iniciará unha campaña de crowdfunding para mercar toda a Coca-Cola do Estado para provocar un desabastecemento.
O partido de Pablo Iglesias comunicou onte aos medios o inicio dunha campaña para levar a cabo o boicot que anunciaron no Parlamento español.
Trátase dunha performance-reivindicativa-colaborativa-movimentaria que tratará de recadar uns 300 millóns de euros que permitirían mercar a producción de Coca-Cola de todo o estado e provocar un desabastecemento nas tendas e supermercados. Deste xeito o boicot proposto pola formación morada nas cortes españolas tería un éxito inmediato e un seguimento do 100% da cidadanía que non mercaría Coca-Cola.
Unidos Podemos ven de ofrecernos, en exclusiva, un adianto da campaña de crowdfunding con inclusión das recompensas aparelladas as doazóns:
→ Doando 1 euro obtés unha lata de Coca-Cola baleira
→ Doando 2 euros obtés dúas latas de Coca-Cola baleiras
→ Doando 3 euros obtés 1 lata de Coca-Cola baleira convertida nun lapiceiro
→ Doando 5 euros obtés un funil para o viño feito coa parte de arriba dunha botella de dous litros de Coca-Cola
→ Doando 10 euros obtés 10 tapóns de plástico de Coca-Cola para que poidas colaborar co teu proxecto solidario de recollida de tampóns.
→ Doando 20 euros obtés unha botella de 50 centilitros de Coca-Cola bebida persoalmente por Ramón Espinar
→ Doando 50 euros obtés un vaso de papel de Coca-Cola coa lenda “Eu participei no boicot” escrito cun rotulador permanente
→ Doando 100 euros obtés 6 latas de Coca-Cola baleiras cunha pedra dentro para que poidas utilizar como unha maraca cos teus 5 amigos favoritos
→ Doando 500 euros obterás unha copia faxsímil do descurso de Ramón Espinal manchado con Coca-Cola.
→ Doando 1000 euros obterás unha lata de Coca-Cola chea coas cabichas dos cigarrillos que se fuman os deputados de Unidos Podemos
→ Doando 5000 euros obterás a lata de Coca-Cola mediada que deixou Pablo Iglesias porque estaba quente