Actualidade

Galicia Bilingüe escandalízase porque Eurovisión permita cantar en reintegrata


Veciños de Vigo alarmáronse cando, ás 21:53 horas, segundos despois do comezo da actuación de Portugal no festival de Eurovisión, unha voz rota gritou desesperada “Nooooooooooooo!”

A alarma inicial veuse reducida cando o primeiro berro foi seguido de “En reintegrata, noooooooooooooo!” momento no que a veciñanza xa se deu conta de que os berros poderían proceder da vivenda de Gloria Lago. A tanquilidade retornou ao vecindario pero pouco durou xa que, 20 minutos despois, outro grito lastimeiro saiu da súa vivenda ao comprobar que o representante do estado español cantaba en inglés.

“Anda adoecida”, comentan os veciños, “non soamente gañou a canción de Portugal senón que España quedou de última. Hai quen di que ata espumeaba pola boca”.

Segundo informan fontes confidenciais, Galicia Bilingüe, a asociación supremacista da que é presidenta Gloria Lago, ten previnsto emitir un comunidado no que amosará a súa indignación porque “se permita cantar en reintegrata en el festival de Eurovisión” e tamén protestará porque o representante de España utilizara o inglés na súa canción. “Nos hundieron la Armada Invencible invocando tormentas y al kraken! Y se lo agradecemos cantando en su dialecto?”.

3 thoughts on “Galicia Bilingüe escandalízase porque Eurovisión permita cantar en reintegrata

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.