Actualidade

O Domingo de Ramos de Ferrol remata en trifulca


A festividade rematou entre golpes de ramos de loureiro e palmas en dous bandos prefectamente divididos.

domingoramos7407

O grupo de portadores de loureiro chamando á defensa da tradición.

Este Domingo de Ramos non todo foi gozo eclesiástico e procesións en Galiza, en Ferrol, na mañá dominical dous grandes grupos relixiosos decidiron batirse nunha multitudinaria pelexa entre os partidarios dos ramos de loureiro e os portadores de palmas.

A pelexa que comezou en torno ás 12h cando un grupo de persoas que levaban os seus loureiros a bendicir atopouse á volta da esquina con outro grupo de persoas que asían as súas palmas. Tras un intenso cruce de miradas ámbolos grupos comezaron a zorregarse coas súas mortíferas armas como se non existise un mañá.

Ante tal situación a veciñanza optou por chamar rapidamente á policía local, quen tras acudir ao lugar dos feitos asegurou que este tipo de pelexas é habitual noesta data católica.

Segundo apuntan desde o Concello de Ferrol, “sempre hai quen é máis chovinista e defende o ramo de loureiro como se calquera outra cousas que se leve a bendicir fose bosta de vaca, e isto cando das con un crsitián de ben coa súa familia periposta para ocasión e ataviados coas súas fermosas palmas ás veces crea conflitos. O grupo de goberno estuda agora métodos para que este desafortunado suceso non volva a suceder. Polo de agora barállase que a Igrexa pase a bendicir churros de gomaespuma a partir do vindeiro ano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.