O goberno de Portugal establece un peche temporal fronteirizo durante esta semana.
Portugal está farta dos españois, así de frío se mostrou o primeiro ministro luso na rolda de prensa na que explicou de xeito pormenorizado como o país irmán pechará os seus pasos fronteirizos a todas as persoas españolas durante esta semana.
O goberno portugués coa axuda da Garda Nacional Republicana(GNR) pechará todos e cada un dos pasos. De feito, só dous puntos permitirán a entrada e saída de transeúntes, reservados ambolos dous a casos aillados. Este é o caso do paso fronteirizo na Ponte Internacional de Tui-Valença e na fronteira entre Verín e Chaves. Máis como informaron dende fontes oficiais estes dous puntos manteránse baixo control rigoroso, existindo un control absoluto dos movementos das persoas.
A pesares desta exclusión de paso, o goberno de Portugal establece varias directrices para os casos aillados nos que a GNR permitira o cruce:
- Estar empadroado en Vigo. Será necesario xustificar o padrón municipal cun documento especial asinado polo emperador Abel Caballero, ou de non telo amosando o libro de familia que acredite a procedencia.
- Paso por causa de forza maior. Se unha persoa acredita ter que mercar toallas de necesidade a GNR estará na obriga de permitir o paso.
- Galegos e galegas que vivan na raia. Terán que convidar a GNR a un chupito de herbas feito na casa.
O resto de persoas que non cumpla. Os mencionados requerimentos non poderán acceder ao país luso.
A medida, que se encadra dentro da campaña por un Portugal con Dignidade, impulsada polo PCP e o Bloco de Esquerda, pretende poñer en alza a nación portuguesa fronte a aqueles que non fan máis que pretender desprestixiala e logo esquilmar as súas toallas e roupas de cama.
Polo de agora a medida, en fase piloto, so será levada á práctica durante esta semana, pero non se descarta que pasada esta se amplíe no tempo.
Falso
https://polldaddy.com/js/rating/rating.js
Tenho duas toalhas para venda por favor contactar
https://polldaddy.com/js/rating/rating.js