Actualidade

Atopan unha familia de koalas vivindo nun monte veciñal do Barbanza


Un comuneiro do monte veciñal de Moldes avisou, na tarde de onte, do extraordinario descubrimento.

Trátase dunha familia de tres koalas que estaba a vivir na plantación de eucaliptos que a comunidade de montes ten na parroquia de Oleiros no Concello de Ribeira.

O achádego pillou por sorpresa ao veciño que pensaba que se trataba do xérmolo dunha comuna jipi demasiado hirsuta máis, cando observou con detalle, puido comprobar que se trataba de tres koalas que rapidamente fuxiron por entre as pólas das árbores. A voz correuse polo pobo e curiosos, veciños e algún turista xa andan á procura dos bichos e, segundo puido saber este medio, incluso xa hai organizado algún safari fotográfico espontáneo sen que, de momento, fora posible un segundo avistamento.

A Consellería de Medio Ambiente xa destinou dous axentes medioambientais para tratar de localizalos e tratar de levalos a un zoo ou a algún refuxio de vida silvestre pero os veciños opóñense ao considerar que os koalas están mellor no seu medio natural. “Se temos eucaliptos é normal que haxa koalas”, indican ao que engaden que “e se aparecese algún canguro mellor”.

Pola súa banda a empresa Ence amosou a súa satisfación polo descubrimento e indicou que o seu departamento de I+D+i está traballando nun proceso para fabricar pasta de koala.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.