A sacudida da última gota convertese así pecado sempre e cando as sacudidas sobrepasen as tres representacións.
O Vaticano vén de anunciar en nota de prensa un dos novos pecados que estará integrado dentro do pecado capital da Luxuria.
O pecado, que so afectará a homes, ou no seu defecto a mulleres que axuden a miccionar a algún por diferente motivo, levanta todo tipo de críticas entre os fieis do sexo masculino.
A institución relixiosa expón deste xeito que “calquera acto de finalización da micción que execute un número de sacudidas superior a tres, será considerado pecado capital” e do mesmo xeito recomenta a todos os seus fregueses que mexen sentados en lugar de facelo de pé, para “evitar tentacións de Satán”.
O máximo poder da Igrexa católica tamén explica na súa misiva aos medios cales son os debates que se están dando nestes momentos polos purpurados, entre os que destacan “O uso do tampón, vicio ou necesidade. Proposición para pecado”.