O incremento da rumoroloxía entorno ao cese da convivencia entre o Ex-Rei e dona Sofía presaxia un divorcio inmninente. Nas últimas horas, fontes confidencias confirman, presuntamente, o desenlace dunha parella que naceu na cuberta dun barco alá polo ano 54. Todo apunta que burdeles, barcos e fulanas nada teñen que ver nesta decisión que partiría…
Categoría: Actualidade
Lanzan unha nocilla con sabor a zorza
O Grupo de alimentación Nutrexpa acaba de anunciar que lanzarán unha nova variedade da súa famosa crema con sabor a zorza Na rolda de prensa de presentación indicaron que a súa equipa de I+D+i acaba de rematar todo o proceso de producción e comunicaron que nunhas semanas poderase adquirir en todos os establecementos de alimentación…
Ceivar convocará concentracions solidarias con Baltar en todas as vilas galegas
O colectivo popular anti-represivo Ceivar vén de emitir un comunicado no cal, rexeita formalmente a sentenza inculpatoria do expresidente da Deputación de Ourense O colectivo de apoio aos presos galegos pronunciabase así ante a sentenza en firme que na pasada semana culpaba a Xosé Luís Baltar polas contratacións indiscriminadas de 104 persoas, enchufadas na Deputación…
Fomento pechará as estradas galegas en casos de choiva ou néboa
Ante os últimos sucesos acaecidos na Autoestrada do Cantábrico, A-8, na que tras un accidente en cadea falecía unha muller e máis de 40 persoas resultaban feridas, o Ministerio de Fomento decidiu que con condicións meteorolóxicas adversas é convinte pechar as estradas galegas ao tráfico rodado. A actual ministra, Ana Pastor, explicaba en rolda de prensa que o goberno…
O Goberno planea prospeccións petrolíferas nas Illas Cíes
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente resolveu de forma favorábel a Declaración de Impacto Ambiental do “Proxecto de perforación de sondaxes exploratorios nos permisos de investigación de hidrocarburos Cíes”, que se enclava nunha zona que foi designada espazo da Rede Natura 2000 e Lugar de Interese Comunitario (LIC) mariño pola súa importancia ambiental….
O colectivo GALPÓN pide a independencia de PonteCanedo
O colectivo GALPÓN (Grupo Armado de Liberación PONtina) emitía onte un comunicado no xornal “Ourense Por Barrios”, no cal expresaba a súa intención de retomar a loita armada para conseguir a “liberaçom” do Concello de Canedo, anexionado a Ourense nos anos 50. No comunicado afírmase que a situación de “opresom” vivida polos habitantes de PonteCanedo…
Incautan un alixo de calcomanías con droga no Morrazo
A banda traballaba nas zonas do Morrazo e o Salnés e prentedía extenderse por todo o país co comezo do próximo curso escolar. Na mañá de onte a policía española, despois dun chivatazo anónimo, apresaban nun baixo da cidade a un grupo de catro persoas, que presuntamente empaquetaban e preparaban os fardos coas calcomanías preparadas…
Albaneis heavys adhírense ao convenio do metal
Así vén de confirmalo CIG Metal. A dous albaneis heavys de Carnota seráselle aplicado a partires de hoxe o convenio do metal debido a “fondas cuestións de arraigo interior”. A noticia saía onte á luz debido ao despido improcedente dun deles e a posterior denuncia por parte da central sindical galega. “A súas fondas conviccións…
Anova plantexa unha manifestación unitaria o 25 Xullo que remate na Catedral
A dirección nacional de Anova presentaba esta mañá nun céntrico hotel de Compostela o seu plan de traballo para preparar un 25 de Xullo unitario. O obxectivo pasaría por ser capaces de unir tanto a partidos políticos, como movementos sociais, plataformas e aos propios peregrinos e crentes que celebran o patrón galego, o Apóstolo Santiago. A…
A CRTVG cambiará o nome do seu espazo de debate por “Foro Alberto”
Despois das múltiples denuncias e queixas, estas últimas por parte das centrais sindicais CIG, UXT e USO, a CRTVG decide dar carpetazo ao asunto cambiando tanto a parte do equipo como o nome do espazo conducido por Carlos Luís Rodríguez. Deste xeito e mediante un comunicado, o Consello Director da CRTVG, apunta que “as queixas agora…
Meteogalicia alerta da previsión de neve en San Caetano na madrugada do 26 de maio
Meteogalicia mantén para a madrugada do 26 de maio a alerta de nivel laranxa en San Caetano por posibilidades de neve. Así, o boletín de Meteogalicia elaborado para este día sinala que Galicia continuará nunha situación marcada pola forte circulación do noroeste, que deixará un tempo desapracible en terra e neve na residencia do presidente…
Ana Pastor faille a cobra a Feijoo
A ministra Ana Pastor protagonizou unha fuxida do bico de Alberto Núñez Feijoo, popularmente coñecido como “facer a cobra, durante un acto conxunto A polémica inunda a campaña do Partido Popular. Primeiro co anuncio electoralista da ampliación da AP-9 en Galicia e, durante o acto, cando se ían saúdar a ministra e o presidente da…
