Actualidade

Anova plantexa unha manifestación unitaria o 25 Xullo que remate na Catedral


A dirección nacional de Anova presentaba esta mañá nun céntrico hotel de Compostela o seu plan de traballo para preparar un 25 de Xullo unitario.

O obxectivo pasaría por ser capaces de unir tanto a partidos políticos, como movementos sociais, plataformas e aos propios peregrinos e crentes que celebran o patrón galego, o Apóstolo Santiago.

Imaxe de arquivo. De esquerda a dereita: Xosé Manuel Beiras, Santiago Apóstol e Martiño Noriega

Imaxe de arquivo. De esquerda a dereita: Xosé Manuel Beiras, Santiago Apóstol e Martiño Noriega

A idea de unir a protesta social coa relixiosa partiría da premisa da necesidade de acción nestes duros momentos de crise, nos que, en palabras de Xosé Manuel Beiras “é precisa un fronte popular no que caiban todos os espectros, e se houbera  musulmáns deberan unirse tamén!”

A manifestación transcurriría desde a Praza de Galiza, adentrándose no Casco Vello da cidade e chegando á Praza do Obradoiro, onde unha pequena comisión composta polos líderes dos partidos e o clero da catedral, entraría a facer unha ofrenda ao santo.

Por todo isto, Anova xa comezou as conversas tanto coa dirección do BNG como co arcebispado de Santiago, así como con diferentes plataformas e outros partidos políticos, entre eles CxG ou Nós-UP.

A día de hoxe estarían confirmados para o evento os membros de CxG, así como a propia Anova, mentres que CausaGaliza se desmarcaba onte nun comunicado de prensa, no que expuñan que as diferenzas ideolóxicas entre o nacionalismo que eles profesan e o españolismo de Anova impiden que poidan concurrir xuntos a dito acto, polo que farán a súa propia manifestación a distinda hora, para así pode facer tamén a ofrenda floral ao Santiago.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.