Actualidade

O Goberno planea prospeccións petrolíferas nas Illas Cíes


Traballadores de Repsol recollen mostras de petróleo nas Illas Cíes

Traballadores de Repsol recollen mostras de petróleo nas Illas Cíes

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente resolveu de forma favorábel a Declaración de Impacto Ambiental do “Proxecto de perforación de sondaxes exploratorios nos permisos de investigación de hidrocarburos Cíes”, que se enclava nunha zona que foi designada espazo da Rede Natura 2000 e Lugar de Interese Comunitario (LIC) mariño pola súa importancia ambiental.

Así, o goberno sinala que as sondaxes de investigación, para que Repsol poida valorar a existencia de hidrocarburos na zona, realizaranse mediante un buque de posicionamento dinámico situado a uns 60 quilómetros das costas galegas. A operación consistirá en tomar mostras de roca ou fluídos.

Segundo informou este departamento, o proxecto avaliado “nesta fase non implica en ningún caso a extracción de petróleo, a non ser que se atope” e, no caso de que o promotor, é dicir, Repsol, queira sacar hidrocarburos neste lugar, terá que presentar un novo proxecto que tamén deberá someterse a un novo procedemento de Avaliación Ambiental, para que sexa rapidamente aprobado.

O Ministerio concluíu na súa declaración que non se producirán impactos adversos significativos” sempre que o promotor, neste caso Repsol, adopte as medidas correctoras previstas e “non a líe parda”. Así mesmo, asegura que na avaliación ambiental do proxecto interveu un equipo multidisciplinar que aplicou “rigorosos coñecementos científicos” para determinar as medidas máis adecuadas para que o proxecto poida levar a cabo coas máximas garantías ambientais.

2 thoughts on “O Goberno planea prospeccións petrolíferas nas Illas Cíes

  1. É unha das mellores demostracións de solidariedade cos carnarios que teño lidas na Rede. Un sorriso sempre axuda a dixerir as barbaridades do goberno.
    Saúde!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.