A nova tenda de NikisGalicia colapsa Aguiño

O Barbanza mobilízase pola roupa e souvenirs galegos. Máis de 200 metros de cola para entrar na nova tenda de NikisGalicia. É o aluvión de visitantes que orixinou no seu primeiro fin de semana a apertura de NikisGalicia de Aguiño, a nova tenda que está a atraer unha colosal cantidade de clientes. Media ducia de…

A editorial Vicens Vives reafírmase nos seus libros en castrapo

A editorial catalana asegura non entender a polémica coa súa edición en castrapo de libros educativos. A editorial Vicens Vives, editora de numeroso material escolar, vén de reafirmarse na súa liña de libros en castrapo divulgado por todo o territorio galego. A empresa asegura que nunca a editorial tivera ningún problema con outras liguas do…

O hospital de Vigo cambia médicos por ‘chamanes’

‘Xa que non hai material cirúrxico encomendarémonos aos espíritus’, apuntan dende a xerencia do centro. A ausencia de instrumental médico impediu, o pasado 1 de outubro, a intervención cirúrxica dun paciente con cancro no novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. “Non é a primeira vez que se cancelan operacións. Xa foron varias as que houbo…

Feijóo quere un tractor “amarillo”

“É o que se leva agora” declarou Núñez Feijóo. Entre as as cousas que os gandeiros sacan en limpo da xuntanza mantida co presidente e máis a conselleira están o desexo do presidente de ter un Kubota amarelo ou un Massey Ferguson da mesma cor. “Disque ten algo de envexa do tractor de Rafa Cuíña…

Sanidade propón peregrinacións de xeonllos ao novo hospital de Vigo

A Xunta de Galicia está a inaugurar no hospital novo de Vigo, un novo sistema de xestión da sanidade pública. A Conselleira de Sanidade abroncou ás becarias que enviaron os xornais cas conclusións dos estudos da consellería: ‘O mal da sanidade pública son os maulas que se fan pasar por doentes’, berrou estragando o micro…

Pablo Iglesias actuará nas festas de Soutomaior

O empresario Ramón Blanco tira de talonario para traer ao  personaxe de moda ás súas festas. Un ano máis o empresario afincado en Barcelona, pero coas súas orixes en Soutomaior, aldea de 200 habitantes no interior do rural ourensán, volve acaparar portadas coas súas festas de verán. Se no pasado conseguiuno traendo a artistas do…

Rajoy mírase nun espello e ve ‘un español que no hace cosas’

O presidente do Partido Popular en Castela e León, Juan Vicente Herrera,  dixolle onte a modo de consello a Mariano Rajoy que se irara nun espello e que se respondera a si mesmo para ver se tiña méritos para ser candidato. Segundo informan fontes da Moncloa o presidente, que é mo mandadiño, foi correndo ata a…

Feijóo e o PP inauguran outra carallada

A proximidade das eleccións municipais de maio de 2015 intensifica a axenda dos dirixentes do Partido Popular. Na mañá deste xoves o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijoo, acompañado do alcalde de Compostela, Agustín Hernández, e a ministras de fomento, Ana Pastor inauguraban na capital galega un carallo nunha rotonda. A obra levada…

O DOG aprobará por decreto a existencia do Flying Spaghetti Monster

O PP galego emulará así aos seus homólogos de Madrid na aprobación, por decreto, de seres imaxinarios Alberto Núñez Feijoo procederá a aprobar, por decreto, a existencia do Flying Spaghetti Monster (FSM) despois de que o BOE confirmara a existencia de deus. O movemento ideado polo comité de campaña do PP trata de captar o voto…

Trifulca no Parlamento Galego pola cor da bandeira de Nunca Máis

Mentres a oposición en bloque sostén que as cores da bandeira de Nunca Máis son o azul e o negro, o Partido Popular asegura que é branca e dourada.   A ultima sesión do Parlamento Galego veu marcada polo conflito xerado pola bandeira de Nunca Máis. Máis de 10 anos despois da traxedia a enseña…