Un veciño de Chantada aventurose a conducir pola N-540 e remata en Nova Celandia tras coller unha fochanca. Adriano BF, veciño das Córneas, tiña pensado achegarse a Chantada para facer a compra e resolver algún que outro trámite administrativo. Como todos días colleu o seu coche sen carné e aventurose a entrar na N-540. Como…
Autor: TemposGalegos
A Consellería convalidará a experiencia como Grao universitario
O plan Bolonia asegura así que todo o mundo poda ter un título universitario. A Consellería de Educación vén de confirmar nas últimas horas que a experiencia efectivamente é un grado é como tal será convalidado para todos aqueles que o soliciten e demostren ter cando menos unha experencia mínima de 10 anos nas materias…
CCOO, UGT e Alfonso Rueda convocarán manifestación conxuntas este 1º de maio
Baixo o lema ‘Xuntos somos máis fortes’ as centrais sindicais estatais e o PP convocan manifestacións este 1º de maio nas principais cidades galegas. Despois do preacordo alcanzado coas centrais sindicais CCOO e UGT o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acaba de anunciar que o Partido Popular participará nas manifestacións do primeiro de…
Trabúcanse e festexan o 25 de Abril con puntas
As persoas organizadoras confunden os tradicionais cravos da revolta con puntas para cravar na madeira. A xornada de onte foi moi movida no municipio de Tui, ónde o concello decidiu organizar unha festa en conmemoración do 25 de abril, todo un guiño ó país veciño. Sen embargo, un erro lingüístico levou á que se confundisen…
Centos de parellas de Lugo aproveitan a pinar no coche antes da prohibición
‘Hai que aproveitar mentres se poida’, comentou un cidadán ao ser preguntado. As rúas e os coches de Lugo rebosan amor xa que, segundo denuncian veciños de Lugo, hai un grande número de parellas que está a aproveitar que a prohibición aínda non está en vigor para fochicar no coche. ‘Ir a Outeiro de Rei…
O PP ultima lei para prohibir a cor amarela
O executivo tería pensado levar o proxecto de lei ó próximo pleno. Fontes achegadas ó Goberno central indican que a prohibición da cor amarela é a próxima xestión que ten pensado levar a cabo a equipa de M.Rajoy. Tan só uns días despois de que a policía nacional requisase centos de bufandas, camisolas e calquera…
Pánico entre os veciños de Compostela polo avistamento dun disco ardente no ceo
Dous hipsters rubios entraron en combustión tras ser alcanzados pola luz do obxecto. A veciñanza de Compostela espertou hoxe entre o temor e o pánico tras comprobar que había un disco ardente no ceo que causou o desconcerto e o medo de centos de persoas. Durante as primeiras horas do avistamennte foron numerosas as chamadas…
Maluma cantará tres cancións en galego-portugues na súa próxima xira.
A nova chega poucas semanas despois de que o artista colombiano do número un nas listas dos 40. A super estrela latina acaba de confirmar a súa aposta polo galego- portugués na próxima xira, o Maluma World Tour 2018, a cal fará escala en Santiago de Compostela a finais de Setembro. O grupo xa deixara…
Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense
Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a…
C’s levará ó congreso a aplicación do 155 a Alemania
A medida podería saír adiante cos votos a favor de C’s, PP e PSOE. Inés Arrimadas comunicaba no día de onte a decisión da coordenadora de Ciudadanos e a intención do seu partido de aplicar o 155 a Alemania. Ademáis segundo deixou entrever a líder española, o partido laranxa non descarta, no futuro, propor a…
O Sergas instala fontes e estanques ornamentais nos hospitais
Parecen pingueiras pola chuvia pero en realidade trátase de fontes ornamentais reiki que alinean o chi dos pacientes A Consellería de Sanidade comezou a instalación de numerosas fontes ornamentais nos hospitais galegos. As primeiras xa chegaron ao novos hospitais con modelo público-privado e trátase de fluxos de auga do chan ao teito que provocan unha…
As fillas de Pablo Iglesias e Irene Montero serán nena e neno para cumplir a paridade
Concienciados coa igualdade entre homes e mulleres as políticas de Podemos optarán pola paridade tamén nas súas crianzas. O anuncio da voceira de Podemos no Congreso, Irene Montero, de que está a esperar dous fillos do secretario xeral da mesma formación, Pablo Iglesias colleu a moita xente por sorpresa na pasada semana, pero é agora…
