Política

C’s levará ó congreso a aplicación do 155 a Alemania


A medida podería saír adiante cos votos a favor de C’s, PP e PSOE.

Inés Arrimadas comunicaba no día de onte a decisión da coordenadora de Ciudadanos e a intención do seu partido de aplicar o 155 a Alemania. Ademáis segundo deixou entrever a líder española, o partido laranxa non descarta, no futuro, propor a aplicación desta mesma medida a outros países cómo Bélxica, Suiza, Luxemburgo, Finlandia ou Inglaterra.

A petición chega após unha longa xornada de reflexión na que tamén se barallaron outras medidas cómo levar a cabo un boicot contra a industria alemana. Sen embargo, esta opción foi contundentemente descartada polas bases do partido, dado que, segundo explican fontes consultadas, iso implicaría deixar de comprar coches da marca Mercedes e BMW, algo inasumible para as delicadas posaderas da clase media que nutren á formación do cambio. Incluso se rumorea que o propio Albert Rivera perdeu por un momento a calma neste punto e chegou a estar unha hora enteira no baño ónde só repetía “Seat nooo, no quiero comprar Seat” mentres choraba desconsolado. Cargos intermedios consultados apuntan que a situación resolveuna Inés Arrimadas quen deu coa única solución posible para combater a traizón alemana “aplicar o 155”.

Ademáis as mesmas fontes confirman que se todo sae ben, nos próximos meses van propoñer unha serie de propostas que permitan ampliar os delitos incluídos na Lei Mordaza, prohibindo a difusión en territorio español de contido creado por xornais e cadeas internacionais tales como o New York Times, Le Monde, a BBC, El Corriere Della Sera ou á CNN, ás que consideran propaganda catalanista.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.