A TVG só emitirá publicidade en galego

A canle pública galega anunciou que a partires do próximo ano, tan só emitirá anuncios no noso idioma. Pasadas as 14h, o telexornal mediodía anunciaba a nova medida, que pretenderá, a partires de xaneiro do próximo ano fomentar o idioma propio de Galicia, tal e como figura no primeiro punto do primeiro artigo da Lei de…

Os servizos sociais consíguenlle un emprego ao ex alcalde de Ferrol

Feijoo presume de ter creado dous postos de traballo en Galiza ante a suba xeralizada do desemprego no estado español. Alberto Núñez Feijoo remodela por sorpresa o seu goberno na Xunta de Galicia e aumenta un 25% o número de consellarías pasando de oito a dez. A Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, é cesada da súa…

Militante do BNG conflúe cun de Anova nun ascensor

Ambos serán expedientados polas súas formacións. O feito produciuse no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña onde ían facer trámites. Segundo contan testemuñas presenciais non se coñecían de antes e incluso falaron do tempo durante o traxecto que os levaba á segunda planta do edificio. As dúas organizacións amosaron a súa preocupación polo…

Volkswagen instalará un Ambipur nos seus tubos de escape

Despois da polémica xerada pola manipulación das súas emisións dos seus motores, o grupo Volkswagen agarda recompoñer a súa imaxe mediante a instalación dun Ambipur nos seus tubos de escape. A axencia medioambiental estadounidense destapou o escándalo e acouso o grupo Volkswagen de instalar deliberadamente nos seus vehículos un programa informático deseñado para falsear os límites nas emisións. O…

Interior comezará a instalación de concertinas na fronteira catalana

Despois dos resultados das eleccións o pasado 27 de setembro, o goberno de España plantéxase novas medidas territoriais. A victoria electoral de Mas e Junts pel Sí xunto coa maioría absoluta independentista no Parlament catalán fai que o goberno español comece a plantexar medidas de cara unha posible secesión. A primeira delas, e un tanto…

Anova irá con calquera ás xerais, menos co BNG

Así o confirman fontes cercanas á organización nacionalista. O partido do histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras podería estar a punto de firmar un acordo que encauzará meses de especulacións e negociacións por todo o país a raíz das próximas eleccións ás Cortes do Estado español. O acordo firmado a diferentes bandas con outras organizacións…

Facebook engadirá o botón ‘Me la suda’

Despois do anuncio de que Facebook de incluír o botón ‘Non me gusta’, a rede social máis grande do mundo estase a plantexar a posibilidade de ir un paso máis aló e engadir tamén o botón ‘Me la suda’. O novo botón xa é esperado por numerosos usuarios da rede social ansiosos de telo disponíbel…

Vacas en Sarria convocan unha folga

Colectivos de vacas leiteiras de Sarria convocaron unha folga este martes, que afectará a todos as granxas da contorna da vila, segundo informou este luns o sindicato de vacas roxas. O conflito laboral que arrastra o sector leiteiro galego explicítase en parte polos baixos prezos do leite pero por outra banda debido ao fracaso das…

O PP asume o manifesto Nacho Vidal: Foderannos a todos

O manifesto de Nacho Vidal, actor porno e participante de reality shows televisivos, está a causar furor nas redes e na sede do Partido Popular. Segundo puido saber este medio, o partido liderado por Mariano Rajoy vai aproveitar o tirón mediático que está a ter nas redes sociais o manifesto que o actor de películas…

Os bancos cobrarán por respirar preto das súas sucursais

Algunhas entidades xa comezaron a cobrar por respirar preto delas. O panorama bancario anda revolucionado polo cobro das comisións por utilizar os caixeiros, pero una nova ameaza bancaria axexa tras a polémica decisión das entidades financeiras. Os principais bancos asentados no noso país reclaman a instauración do cobro de comisión por respirar nas súas sucursais…

Lanzan o licor café 0,0

Abstemios sen outra cousa que facer anunciaron onte o lanzamento do licor café 0,0. O mundo das bebidas recibe unha nova innovación. Despois da cervexa que non é cervexa e o viño que non é viño, chega unha nova bebida. O licor café 0,0 que, por suposto, tampouco será licor café. Os inventores aseguran que…