Tecnoloxía

Volkswagen instalará un Ambipur nos seus tubos de escape


Despois da polémica xerada pola manipulación das súas emisións dos seus motores, o grupo Volkswagen agarda recompoñer a súa imaxe mediante a instalación dun Ambipur nos seus tubos de escape.

volkswagen ambipurA axencia medioambiental estadounidense destapou o escándalo e acouso o grupo Volkswagen de instalar deliberadamente nos seus vehículos un programa informático deseñado para falsear os límites nas emisións. O escándalo levou a consorcio automobilístico alemán a pedir desculpas públicas e conduciu ao cese do seu CEO e quixo zanxar a polémica botándolle a culpa a un grupo de enxeñeiros.

volkswagen ambipur 2Agora a multinacional esfórzase na recuperación da súa imaxe pública e chamará a revisión de varios millóns de coches que instalan os seus motores. Para conseguilo van utilizar unha técnica novidosa: instalarán gratuitamente un Ambipur no tubo de escape dos seus vehículos e, para contentar os seus clientes, van deixarlles elixir o cheiro. Desta forma os propietarios poderán escolles entre mazá, laranxa, limón, piñeiro e Nenuco como aroma base para os seus dispositivos.

A campaña lanzarase en breve aínda que fontes internas da compañía declararon ‘Que si, que nos equivocamos, pero ahora nuestros usuarios podrán ir por la ciudad esparciendo olor a nenuco. ¿A quién no lo gusta el olor a Nenuco? Pues eso no sería posible si no hubiésemos metido la pata hasta el fondo’.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.