Martiño Noriega fará da necesidade virtude e aproveitará o alto número de fochancas na cidade para unilas e construír un metro. Santiago de Compostela será a primeira cidade galega en contar con metro e conseguirao grazas ao alto número de fochancas coa que contan as súas rúas. Técnicos municipais crearon un plan para unilas todas…
Autor: TemposGalegos
Iron Maiden pechou o Resurrection Fest cunha versión de Ana Kiro [Video no interior]
A banda británica pechou onte o Resurrection Fest de Viveiro botándolle unha peza de Ana Kiro para regocixo dos milleiros de fans presentes. O Resurrection Fest de Viveiro pechou onte as súas portas tras tres días de desenfreo metaleiro. Milleiros de persoas acudiron a Viveiro para achegarse a un dos festivais de metal máis importantes do…
Federico Trillo: “La guerra de Irak no existió. Son los padres”
O exministro de defensa do goberno de Aznar indicou onte que “España no fue a la guerra de Irak”. Federico Trillo ofreceu onte unhas declaracións despois de coñecerse o informe Chilcot. Nelas negou que o estado español tivera participado en guerra ningunha. “Enviamos a unos soldados de vacaciones a oriente medio a un sitio en…
Detido un sesaxenario que disparaba a runners
O home portaba unha escopeta de caza e esperaba tralas esquinas para abatir aos corredores. A Garda Civil detivo este mércores a un home en Lugo, que se atopaba disparando cunha escopeta aos runners que pasaban pola zona a primeira hora da mañá. Ás 8.00 deste mércores, a Garda Civil recibiu o aviso de que un home…
Substitúen cabalos por jipis e perroflautas na Rapa das Bestas
O alcalde pedáneo de Sabucedo fixo a proposta que acaba de aprobar en pleno o Concello da Estrada cos votos a favor do Partido Popular Na comparecencia posterior ao pleno o alcalde anunciou que o facían por razóns humanitarias e de saúde pública. ‘Os jipis e os perroflautas eses teñen o pelo largo e poden…
Vigueses mallan a ourensáns e portugueses para recuperar a praia de Samil
Un grupo de vigueses lanzouse a recuperar a praia de Samil para os habitantes da cidade olívica. A batalla rematou en matanza. As augas do atlántico tinguíronse de vermello despois da liorta que se viviu en Samil onte pola tarde cando un grupo de persoas chegou a praia armados con paus, arpóns e mazas para…
A USC impartirá a titulación de Todoloxía
USC vén de anunciar que impartirá a titulación de Todoloxía no vindeiro curso. A universidade de Compostela amplía así a súa oferta formativa cunha titulación en auxe e con gran demanda esre as mozas do noso país. Ante o retroceso no número de alumnado dos graos en politoloxía ou economía, a USC plantexa con este…
O BNG citará todos os seus votantes no Avante
O Bloque Nacionalista Galego buscará o contacto directo cos seus votantes e cítaos a todos no Avante. Segundo fontes próximas á organización nacionalista non teñen previsto reservar o local para eles porque haberá sitio de sobra. Así o manifestaron nunha circular interna que non chegou a todas as organizacións que aínda compoñen o BNG. Isca!…
En Marea triste pola eliminación de España na Eurocopa
A coalición mostrouse entristecida polo resultado ante Italia. En Marea recoñeceu que “non foi o mellor partido” nin o que “esperaban”, pero propúxose continuar a animar á selección española nos vindeiros partidos e competicións. “Seguiremos apoiando á selección plurinacional como representación deportiva no conxunto do Estado”, subliñou a número uno por Pontevedra, Alexandra Fernández. Nunha primeira…
Quintuplícanse a demanda de artigos sadomasoquistas
Na noite do 26 de xuño alcanzouse o máximo histórico nas vendas e encargos de artigos sadomasoquistas. As web especializadas neste tipo de artigos alcanzaron un novo teito nas demandas dos seus productos. Segundo informou a patronal que agrupa ao gremio de vendedores de productos de sadomaso o pico da demanda coincidiu ás 22:00, momento…
O programa económico de Unidos Podemos terá unha versión en bolívares
O expertos de Podemos aseguran que é un xeito de que máis persoas entendan os datos. O programa económico de Unidos Podemos, un mix entre o de Izquierda Unida e Podemos terá unha versión bolivariana. Así o afirmaron as voceiras do grupo económico de Podemos no día de onte. A diferenza do programa presentado no…
O PP lanza unha aplicación de Android para facilitar a carretaxe
O Partido Popular acaba de presentar unha aplicación para facilitar a carretaxe de votantes nas próximas eleccións. Trátase dunha mezcla de Bla Bla Car e Über e contará con monxas e apoderados de condutores voluntarios para trasladar octoxenarios dende residencias privadas e domicilios particulares ás mesas de votación. O servizo inclúe tamén unha papeleta de balde e…
