O PP pide que todos os europeos voten no referéndum do #Brexit

Así se manifestou o líder do PP, Mariano Rajoy durante un mitin este domingo. O partido popular pretende así marcar unha posición clara ante o inminente referendo que se celebrará en Reino Unido acerca da continuidade ou non na Unión Europea. Deste xeito o PP continúa coa súa postura xa mostrada de que todos os…

O PP inaugura os mítines veganos falando para as alcachofas

É de coñecemento xeral que o PP non ten querencia polos sectores máis activos da sociedade e que amosa as súas predileccións polo electorado máis adurmiñado e vexetativo pero na tarde de onte superiou os seus propios límites dando un mitin a un campo de alcachofas. Responsables da campaña popular indicaron que “Es mucho más…

Ana Blanco gaña o debate electoral a catro

Salta a sorpresa despois da primeira enquisa publicada tras o debate electoral onde ningún dos chamados a ser protagonistas gañou o debate e resultou gañadora, contra todo prognóstico, a presentadora Ana Blanco que estaba a moderar o debate. Máis do 50% das persoas enquisadas dan a presentadora do telexornal de TVE como vencedora do debate a…

A Semana Verde presenta unha tenreira que sabe a porco

A Semana Verde que se acaba de clausurar en Silleda acaba de presentar ao mundo a primeira vaca que dará carne de porco. Trátase dun experimento de transxénese que fará posible que a carne das vacas saiba como a de porco. A equipa investigadora que realizou o experimento compareceu na tarde de onte para explicalo durante…

A campaña máis austera comeza cunha colada de cartaces con mocos

Os partidos galegos deron o pistoletazo de saída á campaña electoral dun xeito austero e autosuficiente. Pasadas as 0.00 da noite deu comezo unha nova campaña electoral, nas que a austeridade terá un papel fundamental. Por isto a maioría dos partidos e coalicións decidiron dar un primeiro paso colando os seus cartaces electorais cos seus…

The Walking Dead terá un novo Spin-off: Galicia Zombilingüe

A canle estadounidense AMC anunciou unha nova serie derivada de The Walking Dead e estará localizada en Galiza. Segundo se puido saber na tarde de onte a nova serie chamarase Galicia Zombilingüe e nos sumerxirá de novo nunha distopía apocalíptica provocada por un grupo de reintegratas que manipulaba plutonio para atentar contra un caixeiro de…

Rajoy fará videos trotando por todas as cidades excepto Pontevedra

O Partido Popular lanzou a pasada semana unha serie de videos baixo o título “Camiñando rápido”. Neles pódese ver ao presidente Mariano Rajoy trotando e dando a coñecer varios dos seus aspectos máis persoais. O PP ten previsto reproducir estes videos de campaña por todas as capitais de provincia pero vai excluír da xira a…

Bocixa, dos Zenzar, sustituirá a Lennon á fronte dos Beatles

O líder dos Zenzar será o vocalista da banda de Liverpool durante a vindeira xira. Xosé Bocixa, o líder do grupo galego Zenzar, será o vocalista da banda inglesa The Beatles durante a próxima xira europea que comezará en Sigüeiro e rematará en The Cavern, o mítico local de Liverpool onde a banda ingles tocou por primeira vez. O…

Galicia Bilingüe esixe que Chewbacca fale en español

Aproveitando a celebración do día do orgullo friki a organización supremacista Galicia Bilingüe acaba de esixir que Chewbacca fale en español. Gloria Lago declarou , na rolda de prensa convocada ao efecto, que “Al bicho ese no se le entiende nada. Nuestros expertos lingüistas llegaron a la conclusión de que hablaba en reintegrado por lo que…