Sociedade

Iron Maiden pechou o Resurrection Fest cunha versión de Ana Kiro [Video no interior]


A banda británica pechou onte o Resurrection Fest de Viveiro botándolle unha peza de Ana Kiro para regocixo dos milleiros de fans presentes.

Iron Maiden Ana Kiro Resurrection FestO Resurrection Fest de Viveiro pechou onte as súas portas tras tres días de desenfreo metaleiro. Milleiros de persoas acudiron a Viveiro para achegarse a un dos festivais de metal máis importantes do estado español e polo que xa teñen pasado moitas das bandas máis importantes do mundo. Na edición deste ano, a organización quíxolle facer un regalo os seus fan e, deste xeito, puideron contar cunha das bandas máis veteranas do mundo do heavy: Iron Maiden.

A sorpresa saltou o último día e na última canción cando a banda británica arrancou cunha versión da canción de Ana Kiro “Pídechas o corpo” que fixo as delicias dos milleiros de persoas alí congregadas.

O feito tivo moita transcendencia na vila de Viveiro onde moitos dos seus habitantes de maior idade non vían con bos ollos o festival. “Isto enchíase de peludos todos os anos… mais despois de ver que lles gusta Ana Kiro miramos o festival de outra forma”, declarou un veciño. “Agardemos que para o ano que ben traian a Pimpinella. Iso si que sería heavy”, engadiu otro veciño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.