Martiño Noriega fará da necesidade virtude e aproveitará o alto número de fochancas na cidade para unilas e construír un metro.
Santiago de Compostela será a primeira cidade galega en contar con metro e conseguirao grazas ao alto número de fochancas coa que contan as súas rúas.
Técnicos municipais crearon un plan para unilas todas e aproveitalas para construír a primeira liña que discurrirá entre a Alameda e San Caetano.
Non vai a ser a única mellora técnica que terá a cidade xa que tamén se aproveitará a profundidade de algunha das fochancas para dar calefacción mediante xeotermia ás vivendas colindantes e así evitar a dependencia das grandes empresas eléctricas e a probreza enerxética.
Compostela Aberta anuncia que as obras comezarán inmediatamente e, por ese motivo, é probábel que o percorrido das manifestacións do día 25 de xullo teñan un traxecto subterráneo.