Abstencionistas quéixanse por anticipado da victoria do PP

Miles de abstencionistas están a se lamentar por anticipado pola posíbel victora do PP nas eleccións europeas Miles, aínda que se calcula que millóns de abstencionistas, xa se están a queixar nas redes pola victoria do PP nas eleccións europeas. “La política del PP es una mierda. Ergo, cualquiera que se presente contra ellos, es…

O PP de Ourense pagará tres millóns de euros a Rosendo

En concepto de indemnización, así se facía pública, coa entrega dun cheque, o próximo relevo na sercretaría xeral dos populares na cidade de Ourense A inminente chegada de Susi, o conselleiro (Jesús Vázquez), puña nun compromiso ao presidente provincial, que deste xeito salda contas co actual líder da oposición no Concello das Burgas. Do mesmo…

Ana Pastor faille a cobra a Feijoo

A ministra Ana Pastor protagonizou unha fuxida do bico de Alberto Núñez Feijoo, popularmente coñecido como “facer a cobra,  durante un acto conxunto A polémica inunda a campaña do Partido Popular. Primeiro co anuncio electoralista da ampliación da AP-9 en Galicia e, durante o acto, cando se ían saúdar a ministra e o presidente da…

Fúmanse a Corina Porro por equivocación

Un grupo de mozos de Novas Xeracións de Vigo fumáronse onte a Corina Porro sen querer O suceso aconteceu nun acto de precampaña do Partido Popular onde os mozos de NNXX queríanse facer pasar por jipis do 15M e, ataviados con palestinas, procederon a “hacerse los guais”, segundo confirmaron fontes da policía local. Segundo parece, o…

Paula Prado tómase con humor a súa relación coa trama ‘POKEMON’

A parlamentaria galega colga no twitter una imaxe súa, disfrazada de Pikachu. A pasada semana a Portavoz do Partido Popular no Parlamento galego voltaba á palestra mediática polas conversas mantidas co concelleiro compostelán Ángel Espadas dentro do marco das escoitas da operación Pokemon, que quedaron liberadas pola xuíz De Lara. «Paula [Prado] di que Gerardo…

O Telexornal Mediodía cambirá a súa sintonía polo himno do PP

O consello da corporación da Radio e Televisión de Galicia acaba de informar de que cambiará a sintonía de inicio do Telexornal Mediodía e que a sintonía elixida será o himno do Partido Popular. A gravación correrá a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense nunha representación que recorda ás multitudinarias congregacións de…

Wert modificará por lei a suma para que coincida cos cálculos do PP

Anunciouno a voceira do goberno na rolda de prensa habitual dos venres. Soraya Saenz de Santamaría dixo que dende o goberno non vían máis opción para salvar a economía española que recurtar a suma. Un comité de expertos asesorado por un reputado experto en cálculo elaborou un informe que será engadido á nova Lei de…

Samsung patrocinará as comparecencias de Rajoy

A multinacional chegou un acordo co Partido Popular para patrocinar os eventos. A empresa coreana ve un potencial tremendo na estratexia de Rajoy. Pensa que, ao non dar a cara, lles pode beneficiar enormemente. Para iso acaba de asinar un convenio co PP para patrocinar eventos deste tipo. Os departamentos de I+D+i de Samgung e…

Fraga fará un cameo na próxima tempada de The Walking Dead

O expresidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, fará un cameo na próxima tempada de The Walking Dead. Fraga terá a súa estrea televisiva durante un capítulo que se está a rodar no mes de agosto nos estudos da compañía ABC en Toronto e que se emitirá no estado español durante o ano que…