Política

Ana Belén Vázquez presentará unha iniciativa para que multar cargos do PP sexa delicto


Ángel Espadas, Esperanza Aguirre, Miguel Ángel Rodríguez e José María Aznar apoian a iniciativa

ana belen vazquezA deputada do PP non se conforma co cese e tramitará unha iniciativa parlamentar para que multar xente do PP sexa considerado delicto e, deste xeito, se inclúa na nova lei de Gallardón que todos os cargos do PP sexan aforados.

Segundo declarou no momento de presentar a iniciativa “la guardia civil es comunista, todo el mundo lo sabe”. Ademais do feito ideolóxico, argumentou a presentación da súa iniciativa polos múltiples casos de multas que teñen os cargos do PP cando están ao volante.

Pola súa banda Ángel Espadas saiu no apoio da súa compañeira de partido e argumentou que “el alcohol que se consume en esos botellones comunistas es mucho más barato. Viene de Cuba o de Rusia y dura mucho menos. Ademas muchos de esos perroflautas no se pueden permitir ni un coche… ¿qué culpa tenemos nosotros de tener coche?”

Esperanza Aguirre tamén apoiou a iniciativa da parlamentaria ourensá. Reafirmouse no caracter comunista da Garda Civil e engadiu que “los agentes de movilidad son antisistema. Hay que poner freno esto. Nosotros no somos delincuentes. ¿Por qué no están vigilando los contenedores de basura con la cantidad de gente que está robando comida de ellos?”

Preguntado Aznar pola cuestión, emitiu un gruñido afirmativo.

 

 

One thought on “Ana Belén Vázquez presentará unha iniciativa para que multar cargos do PP sexa delicto

  1. Es realmente vergonzoso y lamentable, quienes o que se creen que son. Si se dedicasen a trabajar por la sociedad y dejasen de mirarse al ombligo, a todos nos iría un poco mejor.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.