Sucesos

Fúmanse a Corina Porro por equivocación


Un grupo de mozos de Novas Xeracións de Vigo fumáronse onte a Corina Porro sen quererCorina_Porro

O suceso aconteceu nun acto de precampaña do Partido Popular onde os mozos de NNXX queríanse facer pasar por jipis do 15M e, ataviados con palestinas, procederon a “hacerse los guais”, segundo confirmaron fontes da policía local.

Segundo parece, o cabecilla do grupo, un mozo de Novas Xeracións que responde ás iniciais de DGB, encargoulle a outro que conseguira un porro porque senón “con los polos lacoste  de la banderita y palestinas no damos el pego a nadie”.

O rapaz volveu o cabo dun rato con Corina Porro amordazada e comezaron a fumar dela.

Cando chegou a policía e, preguntados polos feitos, confesaron que fumara á Porro e, chorando, acudiron a declarar á comisaría. Na declaración acabaron confesando que non coñecían outro tipo de ‘porro’ xa que “eran gente de bien y que nunca probaran las drogas. De ahí la confusión…”

Un dos mozos resultou intoxicado pola alta inhalación de laca e témese pola súa vida.

Segundo informaron fontes hospitalarias, Corina Porro recupérase da súa incineración sen ningún tipo de problema xa que o seu corazón non foi atravesado por unha estaca.

 

One thought on “Fúmanse a Corina Porro por equivocación

  1. Pobre Corina, con ese apelido, cando os do PP non saben nada de drogas! ja, ja,! Feijoo, Dorado, había neve, non? Pasade por Cambados, A Illa, ninghen sabe nada! Todo é silensio! Que pais!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.