Sociedade

Fraga fará un cameo na próxima tempada de The Walking Dead


fraga zombie

O expresidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, fará un cameo na próxima tempada de The Walking Dead.

Fraga terá a súa estrea televisiva durante un capítulo que se está a rodar no mes de agosto nos estudos da compañía ABC en Toronto e que se emitirá no estado español durante o ano que ven.

Atención spoiler

Segundo poidemos saber a trama comezará cos protagonistas da famosa serie refuxiados nun colexio onde serán atacados por numerosos zombies. Unha vez repelen a primeira embestida fará a súa aparición Fraga que, acompañado dunha horda de votantes mortos do Partido Popular asaltarán o edificio como se dun colexio electoral se tratase.

As nosas fontes indican que a personaxe de Carl, o fillo de Rick Grimes, que interpreta Chandler Riggs morrerá porque lle ía chocar as cinco a un zombie que ía con un polo Lacoste e cun xersei nas costas. “Pensei que ías de guai” serán as últimas palabras de Carl que morrerá por non coñecer as cotidianas costumes dos militantes de NNGG. Mentres eso sucede varios protagonistas máis perecerán ao ser engulidos os seus cerebros por unha turba impábel que, brazo en alto, e gritando “Up Spain” invade as instalacións que lle facían de refuxio aos desdichados protagonistas. Conseguirán sobrevivir uns cantos grazas a axuda dunha nova personaxe, Ángel Carromero, que os rescata en coche pero a felicidade acabará pronto cando se estrellan contra unha árbore comunista con patas que se pon no medio da carretera.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.