Sucesos

Un carteirista denuncia que lle negan á afiliación ao PP por non dar o nivel


Un carteirista que soe operar na estación de autobuses de Santiago de Compostela fixo público na tarde de onte que o Partido Popular lle ven de negar a afiliación por “no dar el nivel”.

O carteirista, que responde ao nome de Alberto F.N., indicou que tento cubrir unha ficha de afiliación ao PP pero cando a entregou a persoa que revisou a ficha non lle deixou entregala porque na casilla de profesión puxo “carteirista”. Segundo relata, cando protestou lle dixeron que o PP non aceptada xente dese nivel “no das el nivel para ser del partido” ao que Alberto respondeu que estaba “disposto a aprender a roubar máis e mellor” momento no que a empregada dubidou e consultou do responsábel da agrupación o que derivou na negativa definitiva á afiliación.

A agrupación local do Partido Popular de Compostela non confirma nin desminte a noticia e, en consecuencia, negouse a facer declaracións sobre o tema sen embargo fontes próximas á organización conservadora declararon que “Esta gente roba muchas veces en pocas cantidades. Eso no nos gusta”, indicaron.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.