Dous hipsters rubios entraron en combustión tras ser alcanzados pola luz do obxecto. A veciñanza de Compostela espertou hoxe entre o temor e o pánico tras comprobar que había un disco ardente no ceo que causou o desconcerto e o medo de centos de persoas. Durante as primeiras horas do avistamennte foron numerosas as chamadas … Seguir lendo
Tag Archives: martiño noriega
Apartan a unha muller que ía a saír nunha foto cos tres alcaldes
A muller que camiñaba polas rúas de Compostela non daba crédito ao sucedido. Compostela, 19h, o triunvirato de alcaldes mareantes de Compostela, A Coruña e Ferrol, pasean pola capital acompañados de medios de comunicación mentres comentan a actualidade política en torno a EnMarea. Nese instante, nun descoido dos xefes de gabinete dos alcaldes, Xoana Ruibal, que … Seguir lendo
Os tres alcaldes gravarán un disco de ópera
Os tres alcaldes do cambio compareceron nunha rolda de prensa para anunciar que gravarán un disco de ópera e anunciaron que, para propiciar a confluencia, darán concertos por todo o país cantando coñecidas cancións de ópera. Xulio Ferreiro indicou na rolda de prensa que chegaron a esa decisión “por consenso” nese momento tomou a palabra Martiño Noriega … Seguir lendo
Santiago de Compostela aproveitará as fochancas para construír un metro
Martiño Noriega fará da necesidade virtude e aproveitará o alto número de fochancas na cidade para unilas e construír un metro. Santiago de Compostela será a primeira cidade galega en contar con metro e conseguirao grazas ao alto número de fochancas coa que contan as súas rúas. Técnicos municipais crearon un plan para unilas todas … Seguir lendo
Rubén Cela únese ao movemento dos ‘gordibuenos’
O edil compostelán Rubén Cela, que sorprendeu a todo o pleno municipal co seu xersei “Hotline Bling” de Drake (insertar foto) anunciou que Martiño Noriega “pase de mi culo como de la mierda”. Nese mesmo pleno fíxose eco da súa nova condición de “G.O.R.D.I.B.U.E.N.O”, unha nova tribu urbana que, en palabras do edil correspóndese con … Seguir lendo
Martiño Noriega servirá persoalmente as comidas dos comedores escolares
Unha nova entrega do culebrón obriga ao alcalde compostelán a tomar cartas no asunto. O drama das comidas nos colexios de Compostela avanza un día máis cara unha nova entrega. Desta volta a repentina volta atrás da compañía Serunión, que viña xestionando ate o de agora as comidas, e que fora reelexida polo consistorio novamente … Seguir lendo
A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica
Ourense libraríase porque o seu rexedor acudiu á ofrenda deste domingo. A negativa de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro a non acudir á ofrenda ao Santísimo Sacramento pode espertar a ira divina. Así se manifestan varios sacerdotes consultados por esta redacción e que indican que deus podería volver ao seu carácter do antigo testamento debido a … Seguir lendo
Anova lanza a súa nova campaña “Divide e vencerás”.
Anova – Irmandade Nacionalista presentaba na tarde de onte a súa nova campaña política que leva por nome “Divide e vencerás. Pola ruptura democrática”. No día de onte Martiño Noriega, co-portavoz da Anova, e Esther Duro co-responsábel de Organización, co-presentaban ante os medios a nova campaña da súa formación. Campaña que sae a luz tan … Seguir lendo
Pablo Iglesias lanzará unha colección de coleteiros para celebrar o nº 1 nas enquisas
Anuncian que xa chegaron a un acordo de comercialización con Alcampo Pablo Iglesias vai celebrar a súa chegada ao primeiro posto das enquisas electorais lanzando unha colección de coleteiros deseñados polo círculo de márketing político de Podemos que agarda que a nova liña de merchandansing teña tanto éxito como o seu líder. Na rolda de … Seguir lendo
Militantes de Anova disporán dun afiador ás portas da súa Asemblea Nacional
A formación porá un afiador á disposición da súa militancia A II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista prevese tensa e, para ‘facilitar’ os acordos, a formación porá un afiador á porta do Pazo de Congresos e Exposición de Santiago de Compostela, lugar onde se celebrará a asemblea, para que todo o mundo poida ter as … Seguir lendo