Nas próximas eleccións catalás votará toda España

“Los catalanes son muy catalanes y mucho catalanes”, declarou o presidente do goberno. Fontes próximas aos partidos españois indican que, ante o fracaso obtido en Cataluña polo bloque constitucionalista nas eleccións do 21 de decembro, prevén afondar no tratamento constitucional da situación. “Las cuestiones que afectan a todos los españoles deben ser decididas por todos…

Presentada oficialmente a papeleta para o referendo jallejo auto independente

A organización nacional DEPENDE (Dabate Electoral Pola Enquisa Normativa á Democrática Española) ven de anunciar a presentación dunha campaña por toda Galiza, norte de Portugal, Ribadeo e parte de Zamora a prol do dereito a decidir libremente. Esta plataforma con sede no Couto Mixto defende que xa levamos 40 anos de democracia participativa. Xa existe…

Aplícanlle o artigo 155 a un xuíz por querer ser independente

“Aquí no se independiza ni cristo bendito”, indican dende o Ministerio de Xustiza. As pretensións dun xuíz de ser independente veñen de rematar bruscamente ao serlle aplicado o artigo 155 da Constitución. O xuíz que, segundo a fiscalía, estaba adoutrinado sobre a imparcialidade e a independencia xudicial rematou o seu periblo na xudicatura e será…

Gallegos gordos confiesan haberse comido a algún ciudadano

Hordas de gallegos, posiblemente independentistas gordos, han confesado prácticas canibalistas. La Galicia Caníbal de los Resentidos no era una metáfora sino la puta realidad. Tanta fiesta gastronómica no podía ser solamente por diversión y, según transcendió en el día de ayer, los gallegos gordos, además de joder la tasa de obesidad de la gloriosa nación…

Catalunya inventa a independencia de Schrödinger

Está nun estado cuántico de independencia e non independencia á vez. Científicos do CERN en Suíza acaban de demostrar empíricamente o estado cuántico de Catalunya que lle permite ser independente e, á vez, ser non indepedente. Os estudos levados a cabo polos físicos tamén deron como resultado o descubrimento dunha nova partícula subatómica: O Bosson…

Independentistas radicais deciden atacar ás porras coas súas cabezas

Non contentos con ir a votar libremente, os radicais cataláns están a cargar contra os pacíficos policías recén saídos dun parque temático. Durante as primeiras horas do día de hoxe estase a vivir en Catalunya o clima de crispación e violencia pronosticado polo Estado español. Violentos radicais armados coas súas cabezas están a atacar indiscrimimadamente…

O constitucional anula que Kevin se independice tras 34 anos na casa dos pais

Kevin por fin tiña traballo e ía mudarse a súa propia vivenda pero o Tribunal Constitucional declara a nulidade da emancipación. A nai de Kevin recurriu en amparo ao constitucional porque o seu fillo marchaba da casa unilateralmente para vivir “con esa lurpia cazahombres” polo que o alto tribunal procedeu a declarar a nulidade da…

Atopan morta, en estrañas circunstancias, a Independencia Xudicial

Voceiros do Samur acaban de comparecer en rolda de prensa para comunicar o falecemento da Independencia Xudicial. Segundo comunicaron membros da unidade de emerxencias, Independencia Xudicial, unha muller de 57  anos, resultou ferida por un dos leóns do Congreso dos Deputados. Xa malferida, tratou de pedir axuda sen que obtivera resposta. Polo que parece proseguiu,…