Actualidade

Catalunya mudará o seu nome a Nova Murcia para que a ninguén lle importe o que fagan


Varios colectivos da cidade de Cartaxena xa anunciaron o seu interese en depender administrativamente de Nova Murcia

A Asemblea Nacional Catalana, Òmnium Cultural xunto coas entidades que compoñen o Govern vanlle propoñer ao Parlament catalán o cambio de denominación de Catalunya para que pase a ser chamada Nova Murcia.

“En Murcia levan semanas saíndo ás rúas e montando manifestación e a ninguén lle importa o que fagan. Agardamos que con este cambio de denominación poidamos lograr o mesmo”, ven e declarar Carles Puigdemont. Deste xeito o procès entra nunha nova fase onde a semántica semellará será moi importante xa que todo o españolismo fascista deberá mudar as súas consignas de “putos catalanes” a “putos nuevo murcianos” e iso conleva moito tempo. Expertos estimaron que soamente en cambiar as rimas rematadas en -anes a -anos pódelles levar anos a esta xento polo que ese tempo será aproveitado polos socios do govern para avanzar nas posicións independentistas.

Fontes próximas á Falange e ao Partido Popular xa acusaron os efectos “Los catalufos seguirán siendo polacos aunque se hagan murcianos”, declararon. “A por ellos, oé”, engadiron.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.