Un grupo de vigueses que se identificaron como de Galicia Bilingüe rematan lonxe da turística localidade por ser incapacez de pronunciar o nome en galego. Un grupo de vigueses que soe veranear por Andalucía viuse na necesidade de acudir a Sanxenso para a recollida de sinaturas que organizaba a plataforma Hablemos Español, herdeira da Galicia … Seguir lendo
Tag Archives: galicia bilingüe
Galicia Bilingüe denuncia que Miriam de OT impón o galego na academia.
A rapaza de Pontedeume volve á carga dando clases de fonética galega. Miriam volveu sorprender a todos espectadores dando unha clase maxistral de fonética a unha das mestras de canto, en concreto a Laura Andrés, técnica vogal da academia. No vídeo que só ten uns minutos pódeselle ver corrixindo a pronunciación da mestra, se ben … Seguir lendo
Galicia Bilingüe escandalízase porque Eurovisión permita cantar en reintegrata
Veciños de Vigo alarmáronse cando, ás 21:53 horas, segundos despois do comezo da actuación de Portugal no festival de Eurovisión, unha voz rota gritou desesperada “Nooooooooooooo!” A alarma inicial veuse reducida cando o primeiro berro foi seguido de “En reintegrata, noooooooooooooo!” momento no que a veciñanza xa se deu conta de que os berros poderían proceder da vivenda de … Seguir lendo
A Xunta festexará o día das Letras o 15 de maio para non contradecir ao presidente
O executivo decide trocar o Día das Letras Galegas despois de que Feijóo dixera que este era o 15 de maio. O ano 2017 pasará a historia da literatura galega como o ano no que se trocou a súa festividade que pasa do 17 de maio ao día 15. A razón deste cambio reside no … Seguir lendo
Galicia Bilingüe esixe que Chewbacca fale en español
Aproveitando a celebración do día do orgullo friki a organización supremacista Galicia Bilingüe acaba de esixir que Chewbacca fale en español. Gloria Lago declarou , na rolda de prensa convocada ao efecto, que “Al bicho ese no se le entiende nada. Nuestros expertos lingüistas llegaron a la conclusión de que hablaba en reintegrado por lo que … Seguir lendo
Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser idioma oficial de Star Trek
A asociación Star Trek Bilingüe apoia a iniciativa. A organización de Albert Rivera presentou hoxe unha nova iniciativa no Concello de Ferrol para que o idioma Klingon pase a estar proscrito na serie de ciencia ficción Star Trek. ‘Estamos hasta los cojones de tantas lenguas. Queremos que todo el mundo hable en español’, indicaron nunha … Seguir lendo
A editorial Vicens Vives reafírmase nos seus libros en castrapo
A editorial catalana asegura non entender a polémica coa súa edición en castrapo de libros educativos. A editorial Vicens Vives, editora de numeroso material escolar, vén de reafirmarse na súa liña de libros en castrapo divulgado por todo o territorio galego. A empresa asegura que nunca a editorial tivera ningún problema con outras liguas do … Seguir lendo
Proetarras comeniños defenderán su puto dialecto el domingo en Compostela
Comeza a campaña de difamación dos defensores do galego. Segundo as nosas fontes, isto é o que vai dicir as Faes a través dos seus voceiros durante os días previos á manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego que terá lugar o domingo día 8 de febreiro en Santiago de Compostela. Ao parecer o think tank do … Seguir lendo
Galicia Bilingüe e UPyD denuncian que a Xunta de Galiza financia a RG
Un comunicado conxunto feito público este martes baralla a posibilidade de que o goberno galego financie a terroristas. Era un ruxe-ruxe que facía tempo viña soando, e este martes confimábase, Galicia Bilingüe e UPyD xuntan as súas forzas en Galiza para loitar contra “actitudes nepóticas” dos diferentes gobernos do Partido Popular. Deste xeito o colectivo … Seguir lendo
Galicia Bilingüe denunciará a Mourinho por falar en reintegrata
A asociación de defensa do castelán Galicia Bilingüe anunciou que presentará unha denuncia ante a Secretaría de Política Lingüística para evitar que haxa personas que “se puedan expresar impunente en reintegracionista”. A noticia trascendeu o día 21 de abril cando Mourinho non quixo responder en castelán aun periodista español. Ante isto a asociación amosouse indignada e … Seguir lendo