Política

Galicia Bilingüe e UPyD denuncian que a Xunta de Galiza financia a RG


Un comunicado conxunto feito público este martes baralla a posibilidade de que o goberno galego financie a terroristas.

Feijóo concentrado para non meterse o dedo no nariz mentres lle sacan unha foto na RG.

Feijóo concentrado para non meterse o dedo no nariz mentres lle sacan unha foto na RG.

Era un ruxe-ruxe que facía tempo viña soando, e este martes confimábase, Galicia Bilingüe e UPyD xuntan as súas forzas en Galiza para loitar contra “actitudes nepóticas” dos diferentes gobernos do Partido Popular.

Deste xeito o colectivo presidido por Gloria Lago e a formación nacionalista española que lidera Rosa Díez, xuntan as súas forzas nun comunicado no que cargan duramente contra o PP, pero sobre todo, contra o goberno galego, e o seu presidente Alberto  Nuñez Feijóo.

Nel, afirman que “la Junta de Galicia financia a RG sin ni siquiera ocultarlo de sus cuentas, son múltiples las partidas destinadas a RG, desde publicidad institucional hasta programas de sabe Dios que cosas…”.

“No puede ser que tengamos un presidente gallego que participe de entrevistas con RG, ya bastante están sufriendo las víctimas de ETA con el proceso de paz y las negociaciones del ejecutivo nacional de Rajoy, como para que en Galicia también tengamos que aguantar pretensiones de filoetarras resentidos”.

O comunicado tamén fai mención a colaboración Luso-Galega  da CRTVG, na que se retransmitiu conxuntamente un programa entre Galiza e Portugal, nela os ataques recaen directamente sobre Xosé Manuel Piñeiro ao que califican de “desviado reintegrata de mierda” así como anuncian accións contra todos os seus programas de televisión. “Vamos a tratarlo peor que Atilano a los concursantes del SuperMartes”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.