Cultura

Galicia Bilingüe esixe que Chewbacca fale en español


Aproveitando a celebración do día do orgullo friki a organización supremacista Galicia Bilingüe acaba de esixir que Chewbacca fale en español.

chewbacca españoGloria Lago declarou , na rolda de prensa convocada ao efecto, que “Al bicho ese no se le entiende nada. Nuestros expertos lingüistas llegaron a la conclusión de que hablaba en reintegrado por lo que exigimos que hable en español. La lengua común de la galaxia”. O imperio xa amosou o apoio a Galicia Bilingüe emitindo un comunicado de apoio. A nota, titulada “Una galaxia, una lengua” estaba asinada polo emperador e polo mesmísimo Darth Vader e remataba coa proclama “Galaxia una y no cincuenta y una”.

Un grupo de ewoks do noroeste do universo amosou a súa solidariedade con Chewbacca máis o goberno de Endor xa emitiou un comunicado posicionándose coas teses do imperio: “Tenemos que propiciar un bilingüismo armónico. Imponer el idioma ewok restringirá las posibilidades laborales de nuestros hijos y no sirve de nada más allá de Endor”.

2 thoughts on “Galicia Bilingüe esixe que Chewbacca fale en español

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.