O PP de Vila de Cruces presentará una cabra como Nº 1 da súa lista electoral para as municipais
Política

O PP de Vila de Cruces presentará una cabra como Nº 1 da súa lista electoral para as municipais

Segundo acaba de confirmar a Xunta Electoral de Zona da comarca do Deza a Cabra Balbina será a número un da candidatura popular ás eleccións municipais en Vila de Cruces. Parece ser que esta elección causou un grande rebumbio e malestar no seo da agrupación, non porque pensen que Balbina non está á altura do cargo, xa … Seguir lendo

Os asfaltados pola proximidade das eleccións fan subir o prezo do petróleo
Economía

Os asfaltados pola proximidade das eleccións fan subir o prezo do petróleo

A proximidade das eleccións municipais en Galiza fai subir os prezos mundiais do petróleo de xeito alarmante. Os alcaldes galegos, coñecidos adictos ó chapapote en período preelectoral, provocaron nas últimas semanas unha eacalada dos prezos do petróleo pesado a nível mundial ate o punto de paralizarse obras en diversos lugares do mundo. Nestas datas o … Seguir lendo

Rajoy utilizará unha machada se non lle abres a porta
Sucesos / Uncategorized

Rajoy utilizará unha machada se non lle abres a porta

O Partido Popular puxo en marcha unha campaña na que Mariano Rajoy irá, porta por porta, agradecéndolle a cidadanía a súa paciencia. ‘Vamos a agradecerles que nos votaran’, di un representante da nova campaña do PP, ‘pero muchos no nos abren la puerta y no sabemos por qué’. Tamén amosaron preocupación pola situación económica. Din … Seguir lendo

Conde Roa liderará unha candidatura de unidade Popular en Compostela
Política

Conde Roa liderará unha candidatura de unidade Popular en Compostela

Unha nova plataforma nacida en Compostela pretende unificar a dereita que a día de hoxe se atopa apartada do Partido Popular por diversos procesos xudiciais. Na tarde de onte presentábase en Compsotela o novo proxecto de unidade popular, un proxecto de dereitas encamiñado a rexir a cidade no próximo período municipal. Imitando os procesos de … Seguir lendo

Alfonso Guerra foi o encargado de coordinar a campaña electoral de Kim Jong-un
Internacional

Alfonso Guerra foi o encargado de coordinar a campaña electoral de Kim Jong-un

O exvicesecretario xeral do PSOE, Alfonso Guerra, foi o encargado de coordinar a campaña electoral comunista, segundo informes da CIA, e pola cal Kim Jong-un acadou uns resultados do 100% dos votos nos pasados comicios. A mensaxe política e a imaxe foron os puntos clave da campaña dirixida polo español, isto é, os dirixentes comunistas … Seguir lendo

A caluga de Lendoiro presentarase á presidencia do Depor
Deportes

A caluga de Lendoiro presentarase á presidencia do Depor

A sorpresa saltou onte cando a caluga de Lendoiro, nun exercicio propio das organizacións nacionalistas, excindiouse do actual presidente e anunciou que se ía facer unha candidatura para presidir o Deportivo da Coruña. Entre as primeiras medidas que anunciou destaca a incorporación dun segundo ‘L’ ao nome. Deste xeito, segundo declarou “El clú pasaría a … Seguir lendo