José Manuel Baltar fará de cantante noutro sitio ademais de na Deputación de Ourense. A sorpresa no mundo do rock saltou en Ourense ao anunciar conxuntamente o grupo e a Deputación de Ourense a noticia de que José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, será o próximo cantante dos Suaves. O mundo do rock … Seguir lendo
Tag Archives: deputación
Atopan en Luintra unha necrópole do século XII de porteiros da Deputación
Arqueólogos acaban de facer o extraordinario achádego dunha necróple en Nogueira de Ramuín que estaba habitada na súa totalidade por porteiros da Deputación. As primeiras probas con carbono 14 datan a necrópole nos primeiros anos do século XII e xunto cos restos humanos e funerarios atopouse unha especie de carné que os acredita como membros … Seguir lendo
O temario das oposicións da Deputación de Ourense incluirá o Kamasutra
A institución provincial actualiza os temarios e materias para as prazas de emprego público. Así o confirmaba na mañá de onte o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Durante a rolda de prensa, na que aproveitou para falar dos seus escarceos amorosos, Baltar adiantou algunhas das que sería as liñas chave das próximas convocatorias. O … Seguir lendo
O PP plantéxase contratar buses londinenses para profesionalizar a carretaxe
Estarián a disposición de asilos, monxas, curas e caciques de todo o país. As recentes imputacións no PP galego polas denuncias de carretaxe en Lugo está a facer mover ficha ao partido que goberna a maioría dos concellos galegos. Segundo fontes confidenciais chegadas ao noso medio, o Partido Popular está a plantexar profesionalizar a carretaxe … Seguir lendo
Si quieres un trabajo me comes lo de abajo
O presidente da Deputación de Ourense fala español na intimidade. As conversas destapadas polo diario dixital eldiario.es poñen de manifesto o que desde hai anos os mentireiros da provincia de Ourense viñan a dicir, o presidente da Deputación fala español na intimidade. Logo de anos de defensa do seu “galeguismo” e de ver a Xosé Manuel Baltar … Seguir lendo
Ceivar convocará concentracions solidarias con Baltar en todas as vilas galegas
O colectivo popular anti-represivo Ceivar vén de emitir un comunicado no cal, rexeita formalmente a sentenza inculpatoria do expresidente da Deputación de Ourense O colectivo de apoio aos presos galegos pronunciabase así ante a sentenza en firme que na pasada semana culpaba a Xosé Luís Baltar polas contratacións indiscriminadas de 104 persoas, enchufadas na Deputación … Seguir lendo
Baltar asegura que as subvencións vainas devolver “su puta madre”
Baltar Jr. anunciou un recurso ante a sentenza que obriga a Deputación de Ourense a devolver os 10 millóns de euros embolsados polo caso das depuradoras. As irregularidades detectadas pola oficina anti fraude europeo(OLAF), e agora asumidas polo Goberno do Estado español pretenden obrigar a que o ente provincial ourensán reintegre o montante de 10,1 … Seguir lendo
Baltar farase co Trono de Ferro na cuarta tempada de Xogo de Tronos
O cacique ourensán pugnará polo Trono de Ferro na prestixiosa serie da HBO e conseguirao grazas ao reparto de postos de traballo en Desembarco do Rei. Segundo transcendeu nas rede Baltar aparecerá na cuarta tempada de Xogo de Tronos a través dun novo reino en conflito “Ourensalia” que se fará cos 7 reinos en clara … Seguir lendo
Atopan un asentamento de enchufados nos sotos da Deputación de Ourense
Un grupo de arqueólogos acaba de facer un descubrimento antropolóxico novedoso nos sotos da Deputación de Ourense. Trátase dun asentamento de enchufados que vivían alí dende tempos ignotos. A comunidade científica está abraiada porque non tiveron contacto humano e as súas costumes aínda non están contaminadas polos resortes da transición. A equipa científica esfórzase por … Seguir lendo