Amazon lanza o Ovo Kindle

O ovo que nunha primeira versión non fará pallas, si poderá ser utilizado para a masturbación femenina grazas ao seu vibrador incorporado. Este novo aparello ‘Kindle’ non é o primeiro dispositivo tecnolóxico de Amazon, pero si o primeiro en innovar en canto a súa forma. O Ovo Kindle terá 3 GB de RAM e un procesador a 3,3 GHZ. O…

A febre publicadora de videos de Íñigo Errejón fai que colgue un cagando

No seu peculiar frenesí publicador o líder de Podemos colga nas redes sociais un vídeo del cagando mentres fala de Ciudadanos. Segundo parece Errejón publicou o video sen querer despois de trabucarse co video correcto. Estaba a ensaiar o descurso sobre ciudadanos mentres facía as súas deposicións diarias. Os seus seguidores trataron o video como…

Google sacará un goberno que se conduza sen presidente

A multinacional de Silicon Valley abrirá o seu mercado ao campo da politoloxía. Despois de presentar o seu coche autónomo en Galiza, Google anuncia desde o seu centro neurálxico as novidades que cambiarán o mundo nos próximos anos. Entre elas aparece unha dedicada íntegramente aos galegos e galegas, un goberno que se conduza sen presidente. Segundo os…

A mensaxe máis repetida no grupo de whatsapp do PP é unha caquiña con ollos

O Partido Popular anunciou onte a posta en marcha dunha nova vía de comunicación coa cidadanía. A opción que escolleu a formación conservadora é un número de whatsapp a través do cal os cidadáns poderán interaccionar coa formación popular. Javier Dorado presentou a idea e negou o fin electoralista da mesma senón que era un mecanismo…

A barbela de Gayoso podería emitir infrasóns

O queixo do famoso presentador do Luar podería emitir sons imperceptíbeis ao oído humano. Un estudo norteamericano, publicado na revista Science, pon de manifesto a posibilidade de que o presentador galego poda estarse a poñer en contacto con outras civilizacións e incluso cos animais. A teoría elaborada no MIT por científicos teóricos aseguran que a colocación…

Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’

A compañía norteamericana aposta forte no seu estreno e incluirá na súa oferta de ficción as catorce tempadas de ‘Pratos Combinados’. Moitos afeccionados ao cine e as series televisivas agardaban con ansia a chegada de Netflix e a compañía non quixo defraudar e apostou na súa aterraxe con ofrecer algo que ningunha outra plataforma televisiva…

Volkswagen instalará un Ambipur nos seus tubos de escape

Despois da polémica xerada pola manipulación das súas emisións dos seus motores, o grupo Volkswagen agarda recompoñer a súa imaxe mediante a instalación dun Ambipur nos seus tubos de escape. A axencia medioambiental estadounidense destapou o escándalo e acouso o grupo Volkswagen de instalar deliberadamente nos seus vehículos un programa informático deseñado para falsear os límites nas emisións. O…

Facebook engadirá o botón ‘Me la suda’

Despois do anuncio de que Facebook de incluír o botón ‘Non me gusta’, a rede social máis grande do mundo estase a plantexar a posibilidade de ir un paso máis aló e engadir tamén o botón ‘Me la suda’. O novo botón xa é esperado por numerosos usuarios da rede social ansiosos de telo disponíbel…

Queren que os teléfonos intelixentes poidan ser candidatos nas eleccións.

Unha nova candidatura unitaria podería estarse a argallar para as vindeiras eleccións xerais. O orixinal desta candidatura unitaria é que, a diferencia das demáis candidaturas unitarias, non nace dunha escisión de ningunha candidatura unitaria. O miolo desta candidatura é que os aparellos intelixentes, nomeadamente os teléfonos, poidan ser candidatos ás eleccións: “Moitos telefónos son máis…

Apple saca unha app-vitro para o iPhone6plus

Apple amplía as posibilidades do Iphone6 á domótica e a gastronomía. Por iso ten previsto lanzar en breve unha app para poder usar a pantalla do Iphone6plus como vitrocerámica. A iVitro terá dúas opcións: de dous ou tres fornos. Esta app permitirá cociñar en calquera lugar sen importar se é interior ou aire libre. Ovos…

Blablacar identificará os coches por linguas

Tralas últimas polémicas da plataforma para compartir coche os desenvolvedores da web implementarán novos atributos a conductores e viaxes. A plataforma web Blablacar, na que persoas de todas as idades comparten coches, gastos e viaxes, vén de anunciar nas últimas horas que para evitar as polémicas como as xurdidas a pasada semana a raíz do idioma…

Whatsapp creará o emoticono do Dinoseto

Compartirá espazo co resto de emojis animais da aplicación. No día de mañá una nova actualización da aplicación líder en mensaxería traerá cambio “atractivo, sobre todo para o público vigués. Nestes termos se expresaba Mark Zuckerberg, dono de Facebook e desde o pasado febreiro de 2014 tamén de Whatsapp. “Decidimos introducir entre os nosos Emojis(iconos de Whatsapp)…