Lanzan o licor ‘Veleno Puro’

Prometen que vai ser tan forte que ‘caerás de cu no primeiro lavadeiro que vexas’. Unha empresa compostelá lanzará un licor café propio que tratará de explotar a viralidade nas redes de Manolo de Xaniño e vano facer invertindo as regras que marcan o márketing. Deste xeito a súa estratexia de ventas será ‘o pior licor…

O Partido Popular abrazará o look perroflauta se se convocan novas eleccións

Un novo look para Mariano Rajoy e para os deputados populares figuran entre as estratexias de comunicación do PP. O Partido Popular xa está a preparar un previsíbel adianto electoral e os seus asesores demoscópicos xa traballan na imaxe dos candidatos populares para os novos comicios. Segundo puido saber Tempos Galegos os asesores de imaxe…

O titeriterismo principal problema para os españois segundo o CIS

O segundo lugar pasa a ser ocupado polos comentarios en Twitter. Os datos da principal enquisa sociolóxica  desvelaron que o titeriterismo escalou a primeira posición entre as preocupacións da cidadanía, desbancando do primeiro posto ao paro. Os comentarios en Twitter tamén ascenderon no ranking colocándose en segundo lugar e substituíndo nese posto á corrupción. Nos…

A executiva do PSOE entrará en grupo en ‘Gran Hermano VIP’

Telecinco fichará, en pleno, a toda a executiva do PSOE para que forme parte do elenco da actual edición de Gran Hemano VIP. As últimas filtracións da executiva do partido socialista que sairon á luz recentemente fixo mover ficha aos directivos da cadea privada. A produtora Zeppelin TV, responsábel do programa de entretemento social Gran Hermano VIP,…

Valencia abrirá un novo parque temático sobre a corrupción

Acábase de anunciar que se abrirá, en Valencia, un novo parque temático sobre a corrupción. Estará ao lado de Terra Mítica e, segundo avanzou un alto cargo do Partido Popular, será construído por unha empresa de Florentino Pérez. Contará co seu propio aeroporto e coa súa propia liña de AVE. A estación será singular e…

Albert Rivera desfruta da fariña en Galicia

Albert Rivera visitou a localidade ourensá de Xinzo de Limia para participar no domingo fareleiro. Un ano máis comezou o entroido na provincia de Ourense e o fixo, como todos os anos, co tradicional domingo fareleiro. A localidade, acostumada a recibir visitantes ilustres nestas datas recibiu, este ano, a Albert Rivera. Segundo transcendeu a viaxe foille recomendada polo…

Constátase que Besteiro é un cantante

En contra do que puidese parecer non foi por ningunha actuación política do PSOE. A tibieza do líder do partido socialista en Galicia co caso Manuel Martínez, o cuasitránsfuga da Deputación de Lugo e as actuacións agarrándose ao posto despois da súa imputación xudicial propiciaron que, dende a oposición, fora cualificado de ‘cantante’. Tal feito…

Atribúen a paternidade de 150 bebés a un baño público

As nais teríanse sentado directamente na taza o que propiciou o embarazo. Acaba de saltar o escándalo na cidade da Coruña ao serlle atribuída a paternidade de 150 nenos e nenas aos baños públicos dun coñecido centro comercial. As probas realizadas indican que as nais teríanse sentado directamente na taza do inodoro o que provocaría…

A Consellería de Sanidade prohibirá os magostos por canceríxenos

O departamento da Xunta baséase na resolución da Organización Nacional da Saúde para prohibir esta festa tradicional. A Consellería de Sanidade anunciou onte, por sorpresa, unha resolución pola que os magostos pasarán a estar prohibidos en Galicia. A razón que esgrime a consellería baséase na declaración como canceríxena da carne procesada que foi realizada pola…

Distribuidoras de cine porno desembarcarán na próxima Feira do Grelo das Pontes

Chamadas polo erro de tradución de Google aproveitarán o acto para montar unha performance Moitas productoras e distribuidoras de películas pornográficas visitarán o Concello das Pontes na próxima Feira do Grelo. O erro de tradución de Google que atribuiu a tradución ‘clítoris’ á palabra ‘grelo’ foi o desencadenante de que a próxima Feira do Grelo…