Albert Rivera visitou a localidade ourensá de Xinzo de Limia para participar no domingo fareleiro.
Un ano máis comezou o entroido na provincia de Ourense e o fixo, como todos os anos, co tradicional domingo fareleiro. A localidade, acostumada a recibir visitantes ilustres nestas datas recibiu, este ano, a Albert Rivera. Segundo transcendeu a viaxe foille recomendada polo membro de Podemos, Juan Carlos Monedero aínda que, segundo puido saber este xornal, a decisión do líder de Ciudadanos non foi firme ata que a recomendación chegou directamente do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. ‘Te hay mucha fariña allí, Albert’, contan que lle comentou o presidente da Xunta ao que engadiu ‘es una pasada, yo estuve varias veces y solo recuerdo que había nieve’.
Non transcendeu moito máis da visita de Rivera pero fontes presenciais comentan que coincidiu co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, que lle comentou que ‘Verte rebozado en harina promete… no la harina que me dijiste ayer’.